Novas

O PSOE rexeita a iniciativa de En Marea que esixía a Navantia a cumprir os acordos coas empresas auxiliares

photo5900241023035093250

A iniciativa, que defendeu a deputada Yolanda Díaz, non saiu adiante porque contou con 8 votos a favor, 14 en contra e 13 abstencións.

Madrid, 9 de outubro de 2018. A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, defendeu este martes na Comisión de Industria do Congreso a iniciativa deste grupo sobre o cumprimento dos acordos entre a empresa auxiliar e os estaleiros públicos de Navantia, que finalmente foi rexeitada por non contar co apoio do PP, do PSOE ou de Ciudadanos.

“Na Ría de Ferrol tivemos unha forte folga lexítima e necesaria da industria auxiliar, e agora estanse negociando as condicións dos traballadores. Por iso, falar da industria auxiliar é tamén falar de Navantia, xa que é unha parte fundamental”, explicou.

Unha gran parte da plantilla de Navantia está nas industrias auxiliares, pero as condicións de traballo “empeoraron despois da crise”, xa que as patronais “incumpriron os acordos de 2001 e igualmente en 2006. Primeiro porque foron os traballadores das auxiliares a que perderon os empregos, pasando de 4000 a pouco máis de 500, e segundo, as súas condicións laborais víronse fortamente precarizadas e recortados os seus dereitos polo incumprimento dos acordos de 2001”.

Díaz lembrou que Navantia asinou os acordos, e como persoa xurídica que ratifica un acordo, “ten a obriga de cumprilo”.

“A loita central é regular a xornada laboral. As xornadas son impropias do século XXI, porque se traballan 12 horas ao día. Navantia debe pedir que se cumpran os dereitos dos traballadores contemplados nos convenios”, insistiu.

Por iso, “esperamos que esta iniciativa sirva para impulsar o acordo. Que se repare a situación existente e, por parte das partes implicadas, teñen que esixir o cumprimento dos acordos”.

A PNL insta ao Goberno a que repare a situación existente nos centros de traballo dos estaleiros de Navantia, esixindo o cumprimento dos Acordos firmados coa industria auxiliar o 27 de xaneiro do 2006, para evitar deste xeito o proceso de deterioro e precarización laboral existente como consecuencia da inaplicación do mesmo.

Díaz criticou a emenda de Ciudadanos, que incorpora un debate que non ten que ver con este, non ten que ver cos acordos do 2001 e 2006.

Díaz criticou esta postura do PSOE e calificou de “falta de responsabilidade absoluta” que agora que están Goberno “non aproveiten esixir a Navantia, empresa pública, que cumpra os acordos que firmou”.