Novas

O responsable da ERA responde a En Marea que “non houbo unha investigación profunda do accidente do Alvia”

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, pediu a Christopher Carr, Xefe de Seguridade Ferroviaria, “un compromiso” se o Estado español “non reabre a investigación, de que sexa a ERA a que realice unha investigación”.

Madrid, 14 de novembro de 2018. A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, interpelou esta  tarde na Comisión de Investigación do Alvia ao Xefe de Unidade de Seguridade Ferroviaria (Axencia Ferroviaria Europea, ERA), Christopher Carr.

Fernández comezou a súa intervención aludindo ao Informe da CIAF que a ERA puxo en cuestión pola súa falla de independencia.

“A equipa de investigación da CIAF estivo composta polos directores de Seguridade na Circulación de Renfe e Adif. É decir, algúns dos ‘posibles responsables’ eran os encargados de buscar aos ‘responsables’. Situación surrealista. Non cre que mentras non se garanta a independencia da CIAF, non haberá unha investigación obxectiva?”, preguntou a deputada. 

Carr afirmou que “non houbo unha investigación profunda do accidente”, pero lembrou que “non teñen capacidade executiva” e non poden “influir nos Estados”.

Fernández aludiu ademais ás afirmacións do expresidente da CIAF, quen nesta mesma comisión dixo que: “desde o primeiro momento plantexou ao Ministro a necesidade de que non dependésemos do Ministerio…pero non se nos fixo caso”. Está a recoñecer esa falta de independencia. “Coida que neste momento garántese a independencia da CIAF?”                            

A parlamentar de En Marea redundou na falta de independencia da CIAF e explicou ao Xefe da ERA que o actual Presidente da CIAF, Montes, dixo que non  ten porque facer caso ao Informe da ERA.

“Se o actual Presidente se negase a investigar, négase a cumprir coa normativa, non cre que vai en contra da independencia e contra os dereitos dos cidadáns? Cal é a independencia da CIAF que a pesar dos requerimentos segue a negarse a abrir a Comisión?”.

O principal: non se investigaron as causas profundas do accidente

O Señor Carr respondeu a En Marea que “o punto principal é que non se foi ás causas profundas do accidente”. “Vimos que había personal de Renfe e de Adif na equipa e soporte de Ineco, empresa relacionada. Desde entón a CIAF cambiou e teñen máis recursos e mellor dispor para facer unha investigación que cumpra cos requisitos de independencia”.

Alexandra Fernández insistiu no feito de que a CIAF se negue rotundamente a reabrir a investigación. “Non cre que o incumprimento das normativas europeas por parte dun estado membro pon en cuestión os principios de seguridade ferroviaria común? Se vostedes miran para outro lado, van permitir que gañe o discurso da impunidade. Pídolle un compromiso, se non se reabre a investigación, estarían dispostos desde a ERA a realizar unha investigación?”.

Carr alegou que a Axencia “non mira para outro lado”. “Non temos competencias para esixir a una Goberno, non lle podemos impór nada a ninguén. O que dicimos no informe demostra que non miramos para outro lado”.

A parlamentar de En Marea trasladoulle ademais unha serie de preguntas centradas na cuestión da seguridade. “De ter estado operativo o ERTMS na curva do accidente, teríase evitado que o tren fose a máis de 80 km/h?”. Carr afirmou que “tería suposto outra barreira de protección. O sistema tería freado no seu lugar”. En canto ás preguntas que Fernández realizou sobre o cumprimento do Regulamento 352 e a falla dun Informe do evaluador independente (ISA), o representante da ERA sinalou que “hai que ter una serie de medidas para avaliar sempre. Hai que avaliar sempre”.

Finalmente, ao final da súa intervención Alexandra Fernández explicou que En Marea posiciounouse na Xunta de voceiros da Comisión do Alvia a favor de que a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, asistise a esta sesión a escoitar ao representantes da ERA, e a pesar do informe desfavorábel das letradas, “pedimos que se fixese unha excepción”.