Novas

O Seprona enviou denuncias á Xunta e ao Concello sobre as louseiras de Mondoñedo, segundo unha resposta a En Marea

photo5895298121267784588

O voceiro de En Marea considera “unha irresponsabilidade grave que nin a Xunta nin o concello tomasen medidas fronte á empresa debido ás súas prácticas ilegais no Val do Río Baos que afecta a propiedades  públicas e privadas e ao entorno”

Madrid, 6 de xuño 2018. O Goberno ven de respostar por escrito ao portavoz de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, en relación aos numerosos vertidos e problemas que levan tempo padecendo os veciños e veciñas de Mondoñedo debido ás louseiras situadas no Val do  Río Baos, que “a raíz das diversas denuncias recibidas polo Seprona, efectuáronse as correspondentes inspecións, formulándose 14 informes-denuncia”.

Miguel Anxo Fernán Vello dirixía no pasado mes de febreiro unha batería de preguntas ao Goberno sobre as “prácticas empresariais ilegais de “Pizarras Veira do Rio S.L” que causan enormes desperfectos en propiedades privadas, en camiños públicos, en vivendas, nos acuíferos e no entorno debido ao elevado impacto da súa inadecuada actividade”.

“Cero actuacións da Xunta e do concello a pesar dos informes-denuncia”

Nese sentido, o Goberno lembra que Mondoñedo atópase dentro da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, dependente da Xunta. Fernán Vello preguntáballe se coñecía as continuas ilegalidades desta empresa, se fixera investigacións debido ás diversas denuncias, se levou a cabo unha vixianza da actividade da empresa e que medidas se adoptaron ao respeito.

O Executivo desvela que “se formularon 14 informes-denuncia por supostas infracións administrativa á normativa sobre o solo, residuos, augas, minas, montes, ruidos e industria, que foron remitidas a diversos departamentos da Xunta e ao concello”. Enumera a quen llo enviou: concello de Mondoñedo, Xefatura Territorial da Consellaría de Economía, Emprego e Industria da Xunta en Lugo, Xefatura Territorial da Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta en Lugo, Augas de  Galicia  e Xefatura Territorial da Consellaría de Medio Rural en Lugo”.

O portavoz de En Marea no Congreso considera “unha irresponsabilidade grave que nin a Xunta nin o concello tomasen cartas no asunto a pesar das denuncias e a pesar de que o Seprona lles enviase os informes realizados. Estamos ante unha deixadez de funcións clamorosa que prexudicou aos habitantes da zona, ás súas propiedades, ás propiedades públicas, sen esquecer o tremendo impacto no entorno. Cabe preguntarse a que se debe tanta indiferencia por parte da Xunta e do concello”, critica Fernán Vello.

Download (PDF, 158KB)

Download (PDF, 119KB)