Esta semana, rexistraron na Cámara Baixa a solicitude de comparecencia urxente da Ministra de Industria para que informe sobre as medidas adoptadas para garantir o futuro de Alcoa.
Audio: https://bit.ly/2THRt8E
A Coruña, 9 de marzo de 2019. Os deputados de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, Antón Gómez-Reino e Miguel Anxo Fernán Vello ofreceron esta mañá unha rolda de prensa na Coruña, xunto ao Presidente do Comité de Empresa de Alcoa, Juan Carlos López Corbacho, para anunciar as medidas presentas após o retraso, por parte do Goberno, na presentación do tan anunciado Estatuto do Consumidor Electrointensivo, vital para o futuro da factoría de aluminio e de moitas industrias do noso país, grandes consumidoras de enerxía.
A voceira, Yolanda Díaz, destacou que a “perda de emprego en Alcoa sería a peor nova para Galicia e para A Coruña, como tamén sería moi grave perder a produción de aluminio primario, un sector estratéxico no noso país. “Voltamos a decir que nun país normal, o Goberno nunca deixaría caer un sector produtivo”, insistiu.
Díaz matizou que é preciso “intervir dende o público para cumprir co mandato constitucional” porque “é evidente que estamos nun proceso de desindustrialización que afecta especialmente ao norte e a Galicia”. Destacou que como non se actúe dende o Ministerio de Industria “é evidente que o panorama para Galicia será negro”.
Yolanda Díaz insistiu na petición, feita en reiteradas ocasións, de que é urxente rescatar a Alcoa e desenrolar o Estatuto do Consumidor Electrointensivo.
“O Goberno de Sánchez volve a presentar un Real Decreto sobre un novo regulamento, e os seis meses rematan en xuño, cando remata a subasta de interrumpibilidade. A Ministra actual reduciu os bloques de 90 a 40, algo peor que o que facía o PP, non temos novidades respecto ao prezo da enerxía actual, non fan nada con respecto a Alcoa. A deputada denunciou que “precisamos a regulación do prezo da enerxía para salvar a produción industrial, de non facelo agudizaríase o proceso de desindutrialización.
Pola súa banda, Antón Gómez-Reino anunciou o rexistro no Congreso dunha petición de comparecencia da Ministra de Industria na Deputación Permanente, xa que “Alcoa é fundamental na nosa comarca”.
“Hai outras empresas que tamén están sofrindo momentos compricados, aínda que son empresas competitivas”, destacou Gómez-Reino, quen sinalou que “tamén pediremos a comparecencia pola situación de Isowat, unha empresa fundamental para o cambio de modelo produtivo e para poñer as enerxías renovables no centro, e esixiremos, antes de eleccións, que dean unha resposta aos EREs presentandos en Poligal e Bosch Vigo, xa que os traballadores non poden esperar ao 28 de abril para atopar unha solución aos seus despedimentos.
Neste mesmo senso se pronunciou o Presidente do Comité de Empresa de Alcoa, Juan Carlos López Corbacho, quen destacou que “queremos que se cumpra o prometido, estamos cansos de excusas e datas que non se cumpren”. “O noso problema non pode entrar nun escenario electoral e non podemos permitir que non se cumpran as nosas reivindicacións”. López Corbacho destacou que até o de agora “quedou claro que había unidade de acción para manter a industria electrointensiva, co apoio das institucións e dos partidos políticos, así que esiximos, canto antes o borrador do Estatuto do Consumidor Electrointensivo xa que se ten que aplicar con urxencia.
“Pedimos que se poñan as pilas e que se resolva o problema. Queremos accións e solucións e seguiremos a ser insistentes, ata conseguilo”, sentenciou o Presidente do Comité de Emrpesa de Alcoa en A Coruña, quen informou que este luns manterán unha nova xuntanza co Ministerio de Industria sobre outro inversor para a empresa.
CHAMAMENTO Á UNIDADE
Finalmente, o deputado Miguel Anxo Fernán Vello quixo “facer un chamamento directo e expreso a Villares e a En Marea para que, diante dunhas elección decisivas, ou se produce un cambio político rupturista ou se vai a unha deriva reaccionaria”.
O chamamento pide que entre todos os actores do cambio, “crear unha fronte amplia ante o bloque reaccionario que anuncia o fascismo e neo franquismo”.
Diante desta coxuntura, destacou Fernán Vello “é preciso unha aposta pola unidade das esquerdas, compartindo un mínimo común denominador pola ruptura democrática, a defensa das clases subalternas, por un Estado plurinacional”.
Así mesmo, sinalou que “temos que tomar unha decisión responsable, as esquerdas deben estar a altura das circunstancias, polo que Villares debe tomar partido e posicionarse”.