1. José García Buitrón
buitron

Nacín en Toreno (León), 1945. Licenciado en Medicina en Santiago de Compostela, 1969. Impulsor e representante dos Médicos Internos e Residentes (MIR), 1971-74. Creador e secretario xeral do Sindicato Galego da Sanidade (SGS), 1976-83.

Especialidade de Uroloxía na “Clínica Puerta de Hierro”, Madrid. Médico adxunto no Hospital Universitario A Coruña, 1975. Cirurxián no primeiro transplante renal de órganos de Galicia (1981). Coordinador de Transplantes de Galicia e do Hospital Universitario 1982-2007. Director xerente do Hospital Universitario A Coruña, 2005-07. Actualmente, vicepresidente da Fundación Doazón e Transplantes e cooperante en distintos proxectos internacionais relacionados cos transplantes de órganos. Responsable da Área de Sanidade de Podemos en Galicia.

Candidato ao Senado pola Coruña. Porque me importa a sociedade. Preocúpame o benestar das persoas. Porque creo nos Servizos Públicos. Porque a xente existe máis alá das fronteiras. Porque temos que coidar a te

2. Iria Otero Romero
iria2

Nacín nunha aldea do concello de Teo. Os meus estudos ata bacharelato realiceinos nos centros públicos do mesmo concello. Son licenciada en farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén estou a rematar a miña tese de doutoramento. Na actualidade traballo como farmacéutica nunha oficina de farmacia.

A miña participación na candidatura de En Marea débese ao compromiso coas xeracións anteriores, das que herdamos os valores, e coas xeracións do hoxe e do mañá para que teñan polo menos a mesma herdanza. A ilusión por formar parte da candidatura En Marea vén do proxecto xeneroso e colectivo que, ante a voracidade do sistema que nos queren vender, as persoas de En Marea fomos quen de crear.

3. André Seoane Antelo
andre

Vivo en Santiago de Compostela, a cidade onde nacín e de onde é orixinaria a miña familia. Afirmo isto de principio porqué son unha persoa moi orgullosa dos seus orixes. Non só dos xeográficos, que tamén, senón fundamentalmente por pertencer a unha familia de traballadores e traballadoras. Unha desas moitas familias que conseguiron, a base de moitos esforzos, que os seus fillos e fillas accederan a uns estudos que eles nom puideram ter.

Estudei a licenciatura de Historia. Impliqueime no movemento estudantil e participei da loita contra a LOU. Dos meus estudos superiores tirei de proveito a inquietude intelectual pola historia e o patrimonio cultural galego e as primeiras experiencias no activismo político mais, como en moitos outros casos da miña xeración, nunca puiden aproveita-los para aceder ao mercado laboral.

Desde fai seis anos traballo como conserxe nunha instalación deportiva e antes disto pasei por diferentes ocupacións laborais: camareiro, soldador, operario fabril… Na actualidade teño o “privilexio” de ter un contrato indefinido despois de ter pasado por praticamente todas as modalidades contratuais do emprego precario.
A miña implicación con a candidatura En Marea non precisa moita explicación. Son unha das moitas persoas que vivimos na nosa propia experiencia o que significa a precariedade e os recurtes de direitos sociais, son un dos que exiximos que mude todo.