1. Miguel Anxo Fernán Vello
Miguel

Nacín en Cospeito, Lugo, en 1958. Poeta, dramaturgo e editor, estudei Psicoloxía e Filoloxía na Universidade de Santiago e Música (Guitarra Clásica) no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Fun Secretario Xeral da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e Presidente da Asociación de Editores de Galicia (AGE). Como poeta, obtiven en dúas ocasións o Premio Nacional da Crítica Española (1985 e 2005) e fun finalista do Premio Nacional de Literatura co libro de poemas Seivas amor e Tránsito (1985) e do Premio Nacional de Poesía do Estado español cos libros As certezas do clima (1997) e Territorio da desaparición (2005). Autor de 15 libros de poesía, con premios como o Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo, Esquío, Xacobeo de Poesía da Xunta de Galicia, ou o Martin Codax.

No plano político fun militante do Bloque Nacionalista Galego, fundador (con Xosé Manuel Beiras e Antón Avilés de Taramancos, entre outros) do partido político Esquerda Nacionalista e membro colaborador do Encontro Irmandiño. Fun igualmente membro da Coordinadora do Encontro Cidadán por unha Marea Galega —da que dimitín por razóns persoais en semanas pasadas— e actualmente son militante de Anova-Irmandade Nacionalista.

2. Vanessa Somoza Domínguez
foto vane1

Nacín en Lugo hai 39 anos e resido na cidade amurallada. Dende moi cativa sentín un interese especial pola arte e o seu contexto.

Dende o instituto involucreime en diferentes asociacións culturais e movementos sociais coma o Non á Guerra ou o Nunca Máis ate ser parte activa do 15M en Lugo dende os seus inicios.

Seguindo a arela dunha sociedade máis xusta, o ano pasado formei parte da candidatura Alternativa Cidadá de Esquerdas – Esquerda Unida.

Son artista plástica e deseñadora gráfica, traballei varios anos en centros de convivencia da miña cidade con xentes de tódalas idades e estratos sociais o que me fixo coñecer aínda máis en profundidade os problemas da cidadanía de a pé.

Estou convencida de que a movilización cidadá debe estar sempre presente como garante da democracia, desexo un País e un Estado máis xusto para todas e todos e penso que para logralo é necesario que a xente do común teña voz nas Institucións; por iso estou neste ilusionante proxecto, porque é o momento de que o medo mude de bando, de que a voz dos “olvidados” (como dicía Galeano) se escoite alta e clara e de que remate o expolio ao que estamos sometidos.

O que defendemos é a xustiza, a igualdade e os dereitos efectivos de toda a cidadanía. Ímolo lograr porque estamos decididos a facelo e é o momento dun cambio real.

3. José Manuel Pérez Afonso
4. Sol González-Ruiz Carcur

Nacín en Arxentina 11 meses despois do golpe de Estado, así que veño dunha familia de emigrantes (ou inmigrantes, segundo desde onde se mire). Desde moi nova colaborei en distintas accións políticas, como a que reclamaba que se destinase á Cooperación ao Desenvolvemento o 0,7% do PIB no 93, até o apoio ás campañas de Rumbo a Gaza.

Preséntome ás Eleccións Xerais nunha mostra absoluta de apoio polo que se está conseguindo desde movementos cidadáns coa colaboración de distintos partidos. Na miña opinión, xa que o poder político emana do pobo, debemos involucrarnos e defender aquilo no que cremos, desde unha postura solidaria e equitativa.

Traballo como deseñadora gráfica autónoma, imparto cursos e, á vez, estou pendente das listas de interinidades en Andalucía, xa que alí aprobei unha oposición sen praza. Ademais, este ano, aproveitando os módulos para adultos volvín estudar. En definitiva, creo na primacía do público sobre o privado, do estado sobre o mercado e do político sobre o económico.