1. Pilar Barros Barco
20160604_112816

Fun emigrante xunto con meus pais aos 2 anos de idade para Brasil. Aos 22 regresei a Galiza, estudei en Santiago de Compostela Bioloxía e no ano 79 casei e tiven 2 fillos. Para non ter que desprazarme fóra e poder independizarme economicamente preparei unhas oposicións a FP de Imaxe persoal. Así puiden seguir involucrandome en movementos sociais sindicais e políticos, como sigo ata hoxe, e á súa vez seguín estudando, gradueime en microbioloxía e máis tarde fixen o doutorado en enxeñería química, na área de medio ambiente.

Preséntome para o Senado por creer neste proxecto e acredito que quen facemos parte desta candidatura imos loitar por un desenvolvemento igualitario e sustentábel desta nazón.

2. Juan Villarino Martínez
11401483_915236745205665_4784902316856975917_n

Nacín en Ourense, no ano 1969. Cursei os meus estudos en diversos centros formativos da cidade.

Politólogo de formación, a miña actividade profesional é moi variada, abarcando distintas e moi diversas actividades: comerciais, asesoramento informático e novas tecnoloxías, labores administrativas e de xestión, auditor de calidade e medio ambiente… Coñezo en persoa o que é a realidade precarizada do mercado laboral e o que iso implica: unhas expectativas vitais limitadas e uns dereitos recortados de forma antidemocrática. Por isto, só a través dun cambio político real e efectivo seremos capaces de solucionar esta deriva austericida á que nos levaron as políticas neoliberais dos últimos anos.

Para iso, é vital recuperar as nosas institucións democráticas e volver poñelas ao servizo da cidadanía e iso inclúe tamén ao Senado, menosprezado politicamente pero cunha importancia que debe ser tida en conta á hora de participar no proceso de elaboración das nosas políticas. Porque nolo merecemos, agora é o momento.

3. María Dolores Alonso Reverter
dolores

Profesora de francés durante a súa vida laboral, na actualidade xubilada.

Muller con ideas de esquerdas dende sempre, feminista, foi unha das creadoras no ano 1975 do Movemento Democrático de Mulleres. No ano 76 comeza a militar no PCG. Preside a Asociación de Mulleres separadas e divorciadas de Ourense durante 22 anos,desenrolando un importante traballo tanto social como cultural. Recibe por tal labor o premio Clara Campoamor entregado polo Concello de Ourense. Na actualidade colabora no Foro Feminista Falando­Nos.

María Dolores e coñecida na cidade de Ourense, pola súa colaboración en todos os movementos socias que defendan unha causa xusta.