1. María Vanesa Angustia Gómez
vanesa

Nacín en Pontevedra hai 35 anos. Son Historiadora da Arte con especialidade en Xestión Cultural e Museística e Técnica de Dinamización Turística. Son unha desas mozas privilexiadas que ainda non se veu forzada ao exilio e consigue traballar na profesión que ama.

Milito en Esquerda Unida, da que son Coordinadora comarcal en Pontevedra e o PCG, centrada na loita polos dereitos das mulleres e o colectivo LGTBI. Colaboro igualmente en movementos polos dereitos sociais como SOS Sanidade Pública, FELGTB, Asociación Unadikum. Traballo activamente en Marea Pontevedra, na que coordino a Área de Igualdade.

2. Marta Díaz
Marta Díaz

Licenciada en psicoloxía, tradutora, exlibreira, colaboradora en programas de inmigración y prisións con ONG’s

Teño unha ideoloxía (segundo a definición do dicionario da RAG: “conxunto de ideas que ten unha persoa”) desde que teño uso de razón e, a pesar diso, ou quizais por iso, nunca sentín a necesidade de militar nun partido político. Fixen “a guerra pola miña conta” ata ese momento en que a indignación comezou a desbordarme e foi ocupando outros espazos, alcanzando outras persoas, e fun consciente de que xuntos eramos unha forza poderosa.

Hai xa máis dun ano e medio que estamos aquí, traballando arreo, durmindo pouco e lendo moito, facendo protocolos, programas, artigos, organizando asembleas, estruturando círculos, debatendo, coñecéndonos, odiándonos uns días e queréndonos outros e, sobre todo, aprendendo.

Tras estes dezaoito intensos meses, decidimos unir forzas para o momento que se achega, o momento da batalla final, e sei que En marea, coa mellor xente, podemos facer deste país un lugar mellor no que vivir.

3. Xosé Luis Méndez Ferrín