Novas

A única actuación no tren Ferrol-A Coruña en 2018 será a licitación para a redacción do estudo informativo do by-pass de Betanzos

photo_2018-03-07_16-11-50

O Goberno, en resposta a En Marea, tamén informa do incremento do custe do contrato para a redacción do estudio a 21.180,93 euros.

Resposta:
https://es.scribd.com/document/376793451/68384-Respuesta-Precios-Renfe-Ferrol

Resposta:
https://es.scribd.com/document/376793508/72141-Resposta-Pe-Interventores-Tren-Galicia

Pregunta:
https://es.scribd.com/document/376793546/72141-Pregunta-Escrita-Interventores-Tren-Galicia

Pregunta:
https://es.scribd.com/document/376793585/68384-Pregunta-Escrita-Precios-Renfe-Ferrol

Madrid, 19 de abril de 2018. A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, denunciou esta mañá que o Goberno segue a dar as costas á cidadanía galega, en especial, á da Comarcar de Ferrolterra, e desatende, meses tras meses e anos tras anos, as demandas dunha mellora e modernización na centenaría liña ferroviaria A Coruña-Ferrol.

“Se xa o Proxecto de Orzamentos é unha burla ás veciñas e veciños de Ferrolterra e outro exercicio máis o Goberno de M. Rajoy non presenta partidas para cubrir as necesidades mínimas da nosa comarca, agora, por riba, afirman que ao longo do presente ano 2018 tan só se prevé a licitación do contrato para a redacción do Estudio Informativo da variante de Betanzos. E o máis grave é que o importe do contrato para a redacción do estudio de viabilidade ascendeu a 21.180,93 euros (IVA incluido)”.

Na pregunta escrita que a deputada de En Marea fixo ao Goberno, denunciaba, ademais, o incremento dos precios dos billetes de tren ao comezo de 2018 no tramo Ferrol – A Coruña, un tramo que segue a ser a grande esquecida nos plans de investimento dos diferentes Gobernos do Estado e pedía explicación sao respeto.

Sen embargo, Renfe afirma que os billetes dos servicios ferroviarios de media distancia non sufriron variacións desde 2015, cando, por exemplo, o tren que sae de Ferrol ás 8.55 horas e que costaba 3.65 euros, custa agora 4.60 euros. O forte incremento experimentado nas liñas de longa distancia o xustifica Renfe na súa estratexia comercial cara a sostenibilidade económica da empresa pública, cando, pola contra, este incremento non revirte en investimentos na liña.

Falla de interventores
A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, denuncia que ésta non é a única liña que presenta un especial abandono e falla de atención por parte de Renfe. As liñas de ancho métrico non contan nin coas medidas de atención ás persoas usuarias mínimas. O propio Goberno afirma, en resposta a Díaz Pérez, que o 87% dos servicios de Cercanías entre Ferrol e Ortigueira circularon sen interventor en 2017, o que supón un total de 11.451 servicios, e que os trens se “supervisan de forma aleatoria”, o que supón, en palabras da deputada de En Marea, unha falla de seguridade absoluta, pero tamén de responsabilidade por parte dunha empresa pública que presta un servicio público á cidadanía.

Díaz xa denunciara hai unhas semanas que existían 25 prazas vacantes de interventor en Galicia, recoñecidas pola empresa Renfe nas diferentes reunión dos comités provinciais, prazas que a vista dos datos que ofrece a operadora pública, se fan imprescindibles para cubrir os servizo ferroviarios en Galicia. Ademáis, no último concurso de ascensos para esta categoría profesional tan só se cubriron 3 das 25 prazas vacantes, a pesar de que houbo 18 aprobados.