Novas

Yolanda Díaz lamenta que a exconselleira de Facenda galega non aclarase a súa responsabilidade no proceso de fusión das caixas galegas

14d9ecfd-323f-4d16-9339-5687fd5b1194

Madrid, 4 de abril de 2018. A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, interperlou hoxe á exconselleira de Facenda da Xunta de Galicia, Marta Fernández Currás, na Comisión de Investigación da Crise Financeira do Congreso dos Deputados.
Yolanda Diaz, que comezou a súa intervención en galego, manifestou a mágoa que sentía porque ésta era a primeira vez que a responsable de Facenda do Goberno galego no momento de fusión das caixas galegas comparecerá para “esperemos que dar explicacións” dos motivos que levaron ao executivo de Feijoo a aprobar este fallido proceso. Lembrou a deputada de En Marea que a exconselleira se negara a facelo na Comisión de Investigación do Parlamento de Galicia e que as dirixentes e os dirixentes teñen que dar a cara a representar á cidadanía.
Díaz esixiulle á exconselleira as explicacións dos motivos polos que ela e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto N. Feijóo, apoiaron e avalaron coa súa sinatura un proceso de fusión que non tiña ningún aval de garantía de éxito, non só iso, senón que os informes existentes eran negativos á fusión das caixas xa que CaixaGalicia estaba ao borde da crise e CaixaNova en moi malas condicións, e o único que recomendaban era unha absorción.

A deputada de En Marea insistiu en que a cidadanía que puxo cartos para o rescate das caixas galegas ten dereito a coñecer os motivos políticos que levaron ao Goberno galego a apoiar tales decisións.

Ademais, a fusión das caixas galegas supoñía o despido de 1600 persoas, o peche de 280 oficinas, e a emisión de centos de millóns de euros en preferentes, e coñecendo estes datos, vostede aínda así permitiu esta estafa.

A parlamentar de En Marea denunciou que “a mala xestión do Goberno galego neste proceso que se prometía existosa nos costou 9.000 millóns de euros, o mesmo que o orzamento da Xunta de Galicia, co que se lapidaron a nosa sanidade, a nosa educación, a nosa cultura, …”.

Díaz denunciou que operaban para que non caese a trama político-empresarial dos seus amigos, as relacións de nepotismo coa camarilla de Gómez, Gayoso e Méndez, que despois acabaron entrando en prisión.

Finalmente, a deputada de En Marea lamentou que a pesares de ter hoxe unha oportunidade hoxe de rectificar e contar a verdade ás galegas e aos galegos sobre cales foron as razóns ocultas desta operación de fusión, a exconselleira de Facenda se limitou a culpabilizar ao Goberno bipartito do proceso, cando a normativa de supervisión tanto obrigaba a un como a outro Goberno a cumprir.