Actualidade

photo5888649765296647966

En Marea pide a comparecencia de Ábalos polo procedemento de infracción aberto pola UE ao Estado español en seguridade ferroviaria

Alexandra Fernández: “O anuncio de infracción da UE é moi grave. É un mazazo para o estado español que debe facer as modificacións pertinentes para que a CIAF cumpla nas súas análises cos criterios de rigor e independencia esixibles. E inmediatamente despois proceder á apertura dunha nova investigación na CIAF sobre o accidente do Alvia” […]

photo5800992184319717026

En Marea esixe a axilización da construción do estaleiro 4.0 en Ferrol

Yolanda Díaz presentou a solicitude de comparecencia da Ministra de Defensa para que informe dos trámites pendentes. Iniciativas: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/2b8deb2f-4299-43ac-afc8-6a32ac13db2b/122082_SCC_MINISTRA_DEFENSA_NAVANTIA40.pdf https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/077c923b-e194-46d2-b47a-a1f0084dfeda/121688_PE_EJECUCION_F110.pdf Madrid, 23 de xaneiro de 2019. A voceira de En Marea no Congreso dos Deputados, Yolanda Díaz, presentou esta mañá a solicitude de comparecencia urxente da Ministra de Defensa en comisión para que informe sobre […]

photo5924867347603107755

En Marea forza que o Goberno incorpore as nosas emendas para o incremento da invalidez permanente total

Madrid, 22 de xaneiro de 2018. En Marea e o grupo confederal apoiou este martes o Real Decreto-Ley 28/2018, de 28 de decembro, para a revalorización das pensións públicas e outras medidas urxentes en materia social, laboral e de emprego, após conseguir arrancar un acordo ao Goberno e meter dúas emendas nos Orzamentos de 2019 que evitan o “desequilibrio” nas pensións por incapacidade […]

photo5913757800511680627

En Marea traslada á subdelegada do Goberno en Lugo a total oposición aos orzamentos de 2019 e apela a negociar

Lugo, 18 de xaneiro de 2019. O deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello trasladoulle á representante do Goberno en Lugo a oposición de En Marea ao proxecto de Orzamentos do Goberno Sánchez dos que dixo “non son tolerables nin asumibles”. “Non se compromete coas verdadeiras necesidades do país en moitas materias” e reduce […]

photo5906642882243178861

En Marea denuncia a situación de Vigo nos Orzamentos cunha “falta de compromiso de infraestruturas evidente”

Vigo, 16 de xaneiro de 2019. A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, asegurou este mércores que os Orzamentos Xerais presentados polo Goberno “esquecen” Vigo e Galicia, cunha rebaixa do orzamento do 20% respecto do ano anterior. “Estamos ante unha falta de compromiso de infraestutruas evidente”, denunciou a deputada, que apuntou a que hai que “converter […]