Novas

Aprobada no Congreso a iniciativa de En Marea que pide a prohibición progresiva do uso dos utensilios de plástico

photo5935759715378244568

Madrid, 10 de abril de 2018. O deputado de En Marea, Antón Gómez-Reino, defendeu este martes na Comisión de Medio Ambiente a iniciativa rexistrada no Congreso sobre a prohibición progresiva do uso dos utensilios de plástico de acordo aos obxectivos ambientais, que saiu adiante con todos os votos a favor agás o Partido Popular.

“O plástico inundou a nosa vida diaria. A maior parte dos plásticos empréganse na fabricación de envases, é dicir, en produtos dun só uso”, denunciou o deputado, que lembrou que en España, o 50% dos plásticos que chegan aos sistemas de xestión de residuos rematan nos vertedoiros sen ser reciclados.

“Como consecuencia dunha mala xestión dos residuos ou do seu abandono, uns 8 millóns de toneladas de plásticos acaban nos mares e océanos anualmente”, asegurou.

Gómez-Reino sinalou que se trata dunha inciativa “que xa se está aprobando en democracias avanzadas, como Francia”.

“O 35-40% da producción de plásticos industriais é para envases, e as consecuecias ambientais e para a saúde son moi severas”, denunciou, insistindo en que dende o marco lexislativo hai que dar un xiro de 180º.

Esta iniciativa aprobada fala de implementar medidas lexislativas para que a partir do 1 de xaneiro de 2020 deixe de haber plásticos en envases en elementos de uso doméstico en particular, potenciando outro tipo de materiais, como acontece en outros países.

“Queremos impulsar as modificacións lexislativas necesarias para prohibir o uso, comercialización, importación e exportación de utensilios como pratos, vasos, copas, cuncas, cubertos e palliñas desechables, é dicir, deseñados para a súa retirada logo dun só uso, íntegramente fabricados en calquera variedade de plástico, establecendo que, a partir do 1 de xaneiro de 2020 que estes produtos deberán ser fabricados polo menos nun 50 % con sustancias biodegradables procedentes de materias orgánicas, como o almidón ou a fécula de pataca e a partir do 2025, en polo menos o 60%”.

As consecuencias non se fan esperar: “os danos nos océanos non se fan esperar, o cambio lexislativo non pode tardar”.