Novas

En Marea acusa a Fomento de “falta de vontade política” e denuncia que aposta por corredores que exclúen os portos galegos das conexións europeas de mercadorías

photo5857468324202524205

O Secretario de Estado non concretou plans nin medidas a desenvolver para que a franxa noroeste non fique excluída.

Ademais, non deu ningunha explicación á deputada En Marea, Alexandra Fernández, de por que se incluíu a Zaragoza no corredor Atlántico recentemente mentras o Ministro argumentaba que non cabían cambios nin inclusións novas.

Madrid, 14 de marzo de 2017. A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, preguntou este mércores a Julio Gómez-Pomar, Secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivienda, e Presidente da Entidade Pública Empresarial ENAIRE, polas medidas que vai adoptar o Ministerio para que a franxa Noroeste-Cantábrica non fique excluida da próxima programación plurianual da Rede Transeuropea de Transporte.

“Que van facer desde o Ministerio? Solo hai que botar un ollo á páxina de Adif para ver os plans que se fixeron cos fondos FEDER ou polo Mecanismo “Conectar Europa”. Serviron para financiar a intermodalidade dos portos de Barcelona, Sagunto ou Sevilla, mentras en Galicia o ferrocarril segue sen conectarse cos portos”, denunciou a deputada.

Fernández insistiu en que, “con tanto boicot ao noso potencial, resulta insultante para nós que vostedes utilizasen os fondos do Corredor Atlántico para a remodelación do complexo ferroviario Madrid-Chamartín antes que meter o ferrocarril no porto de Coruña ou de Vigo”.

En Marea destaca que “Galicia ten un potencia xeoestratéxico, central nos movementos atlánticos- norte/sur- e en liña co Canal de Panamá e as novas rutas da seda asiática”.

Dentro da fachada atlántica da península, ten a liña recta máis curta e directa con Europa, “que sería a través da conexión cantábrica”.

“Sin embargo, desde o Goberno central, dedícanse a boicotear sistemáticamente este potencial”, denunciou Fernández.

A parlamentar considera que este boicot ven por plantexar un mapa con lóxica radial e por un reparto oculto do Atlántico para Portugal e o Mediterráneo para España.

Falta de vontade política

Gómez Pumar non concretou que actuacións vai adoptar Fomento para que a franxa noroeste, os portos galegos, non fiquen fóra dos corredores europeos

Alexandra Fernández acusa a Fomento de “falta de vontade política e “ de apostar só polo Corredor Mediterráneo e polo Atlántico na súa versión de conexión de Portugal coa Meseta”

O Secretario de Estado intentou xustificar a falla de iniciativa de Fomento en relación ás conexións de portos galego e cantábricos da franxa noroeste coa Rede trasnseuropea de Transportes, aducindo investimentos en AVE ou outras infraestruturas.

A partir de aí argumentou en base ao calendario e con dados xa aportados á deputada de En Marea nunha resposta por escrito. De feito, leu literalmente cuestións coñecidas na materia como que o 31 de decembro de 2023 a Comisión, previa consulta dos estados membros, e coa axuda dos coordinadores europeos, examinará a realización da rede básica”.

Tamén explicou que en xuño deste ano a Comisión Europea disporá do primeiro borrador do novo Regulamento para novos itinerarios de corredores e cuantías.

Por que Zaragoza sí e Galiza non?

O Secretario de Estado non deu ningunha explicación a En Marea de por que se incluíu a Zaragoza no corredor Atlántico recentemente mentras o ministro argumentaba que non cabían cambios nin inclusións novas. O alto cargo de Fomento limitouse a indicar que Fomento traballa para que a franxa noroeste poida formar parte dos corredores europeos e que “en decembro de 2017 enviou un informe á Comisión Europea para incluir o noroeste na franxa Atlántica”. Engadiu que o Ministro voltou poñerse en contacto con Europa o 16 de febreiro para a ampliación do Corredor Atlántico”.

Na súa réplica, Fernández acusou ao Ministerio de Fomento de “falta de vontade política porque poden facer investimentos mentras tanto no noroeste e non o fan. Criticou a opción dun modelo radial e que se priorice o corredor de Portugal vía Madrid ou o Mediterráneo.

“Hai un total abandono e aposta só polo corredor atlántico”, engadiu.

A deputada insistiu en pedirlle unha resposta de por que entra Zaragoza e non os portos galegos. Censurou as opcións políticas que cortociruitan Galicia debido a un modelo radial. Pediu que “loiten porque o noroeste, os portos galegos, entren nos corredores europeos”.