Novas

En Marea considera inadmisibles uns orzamentos que reducen o investimento en Galicia

photo5902472610732683888

 

En Marea considera que os orzamentos son sociais grazas ao noso acordo co Executivo, pero teñen que ser tamén galegos e cumprir coas demandas plantexadas por este grupo e pola cidadanía galega no seu conxunto.

Madrid, 14 de xaneiro de 2019. A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, valorou negativamente a caída do investimento en Galicia nos orzamentos do Estado, que calificou dun  “golpe na cara a Feijóo e que castigan a Galicia enteira”.

“Con tanta necesidade de investimentos, de conexións ferroviarias, dixitais e portuarias, é absolutamente decepcionante. Faltan moitas propostas que En Marea presentou coa Axenda Galega do Cambio. Estamos moi lonxe destes orzamentos, facemos un chamamento ao PSdeG porque Galicia ten problemas gravísimos que deben ser solventados”, afirmou.

En Marea é consciente de que o investimento do Estado baixa polo remate das principais obras do AVE, pero a voceira resaltou que non poden verse reducidas outras partidas que nada teñen que ver co AVE.

Por outra banda, estes orzamentos contemplan cuestións cruciais e positivas para a cidadanía galega. Arricamos ao Goberno un salario mínimo histórico, estivemos do lado dos pensionistas para a revalorización das pensións, conseguimos recuperar o subsidio de desemprego para as persoas maiores de 52.

“O que se cumpre é o salario mínimo, a revalorización non está garantida por Lei, e no subsidio, queremos que se aplique as persoas en desemprego que cumpren os requisitos para non exluír a centos de persoas en desemprego”, explicou a voceira de En Marea

En materia de Violencia de xénero e en materia de Dependencia, cúmprese unha boa parte do acordado co Goberno, e requerido por En Marea, un pequeno incremento nas partidas orzamentarias destinadas ao cumprimento do Pacto de Estado e un incremento para o financiamento da dependecia en Galicia, pero seguimos atopando enormes carencias en materia de igualdade entre homes e mulleres, violencias sexuais, políticas lgtbi ou en igualación de permisos.

A CORUÑA: Unha das provincias máis castigadas que seguirá sen tren de cercanías

O investimento na provincia da Coruña é só de 224 millóns de euros, o que supón un 16 por cento menos que o ano anterior. As tres principais cidades da provincia reciben escasos investimentos e unha ausencia total de novos proxectos. No caso de Santiago, non se atenden infraestruturas tan importantes como o enlace orbital.

Unha das iniciativas esquecidas polo PSOE, e máis demandada pola cidadanía, é a modernización da liña ferroviaria A Coruña-Ferrol. O Goberno de Sánchez reduciu en seis millóns e medio o orzamento total desta actuación tan necesaria para a conexión nestas dúas cidades, orzamentando tan só un millón e medio dos que se executarían 419.000 este ano.  Outra obra que tampouco se levará a cabo é a variante de Betanzos, á que tan só consignan 200.000 euros para os estudos técnicos. Polo contrario, terá investimento a renovación da liña de Feve Vegadeo-Ferrol, con 10,7 millóns.

Os deputados valoraron moi positivamente a dotación de 8 millóns de euros para o saneamento da Ría do Burgo, aínda que está lonxe do compromiso do Goberno con En Marea. Polo contrario, esquécese da rehabilitación do resto de entornos naturais dos nosos ríos e rías e do saneamento na zona de Compostela.

Ademais, o Goberno prevé uns investimentos de 27,8 millóns para o Eixo Atlántico na provincia da Coruña.
PONTEVEDRA: total falta de compromiso coa provincia

En Marea realizou unha avaliación crítica do proxecto de Orzamentos do Estado 2019 en relación ás partidas para Pontevedra porque “denotan unha total falta de compromiso”.

Pontevedra non mellora nin incrementa as súas consignacións, polo que segue a mesma tónica que para todo o territorio galego: ausencia de inversións e falta a aposta no Goberno do PSOE por un cambio de modelo.

“Hai unha continuidade en relación ás contas de anteriores do Goberno do PP. Son investimentos continuistas. Denunciamos o investimento na A-57, que en reiteradas ocasión sinalamos que é unha autoestrada que non está pedindo a ciudadanía”

Ademais, falta vontade política e aposta real coa prolongación do Eixo até a fronteira con Portugal e a saída sur de Vigo. As partidas neste sentido redúcense a 3,7 millóns para a electrificación Vigo-Tui cando sabemos que Fomento nin siquera executou a partida do anterior exercicio.

En canto a estradas, a A-52 Vigo-Porriño recibe 1,2 millóns e vemos que sigue a adecuación e mellora da A-55, o que demostra que as actuacións non se remataron en 2018.

LUGO: Falta investimento no tren

No caso de Lugo, aínda que no cómputo global a cifra total para o territorio lugués medra en relación ao 2018, pasando o orzamento de 60 millóns a 71 millóns despois de anos de significativas reducións orzamentarias, “existen importantes infraestruturas que continúan infra dotadas, como o caso do tren, que mostra a falta decompromiso do Goberno Sánchez co ferrocarril”.

No que atinxe ao capítulo de estradas, En Marea avalia positivamente que se aumenten as partidas para a mellora da rede viaria estatal en Lugo e destaca os 12,2 millóns en actuacións de conservación e mellora vial, e os proxectos de adecuación de túneles con partidas de 4,5  4,8 millóns. Nesta cuestión, amosamos a nosa satisfacción “porque a presión política levada a cabo por En Marea ao longo da lexislatura denunciando o mal estado de viais, ten un reflexo nos orzamentos”. Ademais, destacan os 5 millóns de euros para a solución da A-8 que, de executarse, “significa que por fin poderíamos contar cunha solución técnica para circular pola autovía” por iso estaremos vixiantes na súa execución.

OURENSE: A provincia máis castigada polos PXE

Desde En Marea faise unha valoración positiva das dotacións previstas para a finalización das obras do AVE a Ourense, así como á construción da variante exterior, respondendo a unha das principais demandas desta formación.

Sin embargo, non existen dotacións específicas para a construción da estación intermodal. Os orzamentos principais para a rehabilitación do Museo Arqueolóxico, pechado xa por 16 anos, retrásanse a futuros exercicios, co que se volta postergar a recuperación dun elemento central na dinamización cultural e lingüística da cidade.

Por último, denunciase a falta de investimento na mellora de infraestruturas económicas ou de proxectos singulares como a renovación de regadíos na comarca da Limia.