Novas

En Marea consigue abrir un grupo de traballo co Goberno esta semana para negociar os orzamentos para Galicia

photo5942662625471082026

Madrid, 28 de xaneiro de 2019. A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, anunciou este luns que En Marea retiraba a petición de comparecencia no Congreso da ministra de Facenda, María Jesús Montero, despois de acordar reabrir as negociacións para aumentar o investimento en Galicia.

“Alcanzamos un principio de acordo co Goberno. Esta mesma semana ábrese un grupo de traballo urxente para negociar outra proposta de orzamento para Galicia”, anunciou Díaz.

A deputada mostrou a súa “satisfacción” por este cambio de rumbo do Goberno. “Os nosos votos son determinantes. A proposta orzamentaria para Galicia non era boa, déronse conta agora, pero estamos a tempo de mudar as contas para o noso país, con solvencia na defensa do ben común e defendendo os intereses de Galicia”.