Novas

En Marea critica a deixación de costas coa Praia de Covas e demanda actuacións de rexeneración

photo5942768857192180681

O deputado Fernán Vello advirte que “tras un sinfín de anuncios de cargos do PP, o areal non só sigue igual senón que incluso empeorou ás portas da tempada de verán”.

Pregunta: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/45e3bd0a-67f0-442b-b2a6-30cd79efbafe/PREGUNTA_PRAIA_COVAS.pdf

Madrid, 13 de abril 2018.  O portavoz de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou unha iniciativa parlamentar na que critica a desidia e a indiferencia do Ministerio de Medio Ambiente (Demarcación de Costas) perante a grave regresión da praia de Covas en Viveiro ás portas da tempada de verán.

Os anuncios do PP que son fume
“O deterioro deste areal foi obxecto de preocupación de En Marea desde o inicio da lexislatura”, sinala, mais lamenta que tras unha intensa propaganda do PP en Viveiro, e un sinfín de anuncios de actuacións que nunca deron comezo, “a realidade é tozuda e mostra que a praia non só sigue na mesma situación senón que incluso empeorou debido aos temporais do inverno”.

Fernán Vello explica que a finais de 2017, Costas anunciaba que a primeiros deste ano estaría listo o Estudo de dinámica do litoral de Covas que se encargara meses atrás. “Ainda nada sabemos ao respeito”. Razón pola que interpela ao Ministerio sobre o resultado de dito Estudo e cal é o motivo das continuas demoras para parar a desaparición deste emblemático areal de Viveiro.

“A que se debe a deixación do Ministerio cun tema que pode parecerlle menor pero que en  Viveiro ten unha especial importancia por constituir un dos atractivos turísticos da tempada de verán? Cando se van adoptar medidas para evitar a súa desparición? Vai Costas tomarse en serio este problema que preocupa na vila?”, son algunhas das preguntas que dirixe  Fernán Vello ao Ministerio.

O voceiro de En Marea amosa o seu malestar porque “o serial da inacción continúa ás portas do verán, época de afluencia turística sen que se teña feito nada coa real. Para Fernán Vello se “existe vontade real e un compromiso sinceiro, problemas como o que estamos a describir resolveríanse con decisión”.