Novas

En Marea demanda a Adif que concrete os pasos a nivel a eliminar en Monforte

photo_2017-05-26_12-32-20

O deputado Fernán Vello lembra que o pasado mércores unha muller faleceu no paso a nivel da Florida en Monforte e advirte da necesidade de reforzar a seguridade e eliminar os cruces no caso urbano

Madrid, 22 de decembro 2017. O deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, rexistrou no Congreso unha inicitiva parlamentar na que dirixe unha serie de preguntas en relación á urxencia de suprimir os pasos a nivel que aínda perviven no entramado urbano de Monforte de Lemos.

O deputado de En Marea alude na súa inicitiva ao tráxico accidente de antonte, 20 de decembro, cando unha muller foi arrollada no paso a nivel da Florida en pleno casco urbano. “Segundo todas as consideracións, trátase do paso a nivel de maior risco dos seis que ainda permanecen no entorno urbano da vila”. Fernán Vello quen xa en anteriores preguntas parlamentares, demandou a supresión de pasos a nivel existentes en distintas localidades do territorio lugués, pide a Fomento que explique cais son as previsións de eliminación dos pasos a nivel en Monforte.

Anuncios sen concrecións

Adif anunciou en setembro pasado que ía suprimir 36 pasos a nivel en Galiza durante os próximos anos. Incluiría 5 pasos a nivel situados en Monforte, mais non concretou en ningún momento cais, nin prazos temporais nin proxectos. Lembra neste sentido, que eliminación dos pasos a nivel en Monforte leva pendente desde o proxecto de 2010, e destaca a perigosidade dos seus 5 cruces situados no entramado urbano, zonas de alto risco polo trafego constante de tráfico y peóns.

“Tráxicos accidentes como o mencionado deberían dar lugar a unha maior axilidade nos planos de eliminación destes cruces”, sinala.

O parlamentar de En Marea pregunta ao Ministerio que dados ten do accidente do mércores pasado no que faleceu unha muller. Quer saber se mantén o proxecto de 2010 e que pasos a nivel vai suprimir en Monforte e no resto de Lugo. “Qué medidas vai adoptar para reforzar a seguridade nos cruces mentras non leve a cabo as actuacións? Pode informar dos prazos temporais de execución das obras?”, son algunhas das preguntas que formula.

Download (PDF, 986KB)