Novas

En Marea denuncia “os orzamentos continuistas” de Rajoy

aef9bbb0-38cb-4116-b786-22bff2532e28

Audio: https://bit.ly/2H0bAZn

A Coruña, 6 de abril. Os deputado de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz, criticaron este venres nunha rolda de prensa na Coruña o plantexamento dos orzamentos do Estado para a comarca de Ferrolterra e as cidades da Coruña e Santiago, dado que se esquecen de proxectos importantes para a cidadanía.

“É irresponsable presentar uns orzamentos cando non se conta co apoio político necesario. E evidente que as contas de Monotoro van a ser rexeitadas polo grupo de En Marea”, asegurou a deputada Díaz, destacando que “estamos diante dun orzamento conxelado e onde o 50% do investimento vai destinados ao AVE”.

Pola súa banda, Gómez-Reino denunciou que estamos ante uns “orzamentos continuistas” onde  está presente a ferramenta do teito de gasto, “mecanismo que blinda a austeridade”.

“No referente a Galicia, cada vez temos menos peso a nivel Estatal. O AVE é o que recebe a maior parte de orzamentos. Ano tras ano son partidas que se consignan e despois non se executan”, denunciou.

O deputado insistiu en que os orzamentos “son unha vergoña e unha burla á cidadanía”.  “Son un exemplo de sectarismo político e utilización partidaria, e vemos como todas as emendas que presentamos en 2017, para cuestións fundamentais como a Ría do Burgo, a Avenida de a Vedra ou o Porto Exterior, “o Goberno non as puxo en marcha”.

Díaz insistiu no tocante á Coruña que “podemos destacar o desleixo e o partidismo do PP”. “Seguimos con consignacións ínfimas, provocando unha carencia de infraestruturas básicas que teñene que ver co ferrocarril. É unha demanda básica a conexiión ferroviaria entre Ferrrol e o resto do país”.

Ademais, a deputada denunciou que o desenovolvemento industrial como Alcoa, a interrumpibilidade, “non está no centro de actuación dos orzamentos”.