Novas

En Marea explica en Mondoñedo as iniciativas presentadas no Congreso polas Louseiras do Val do río Baos

photo5861470215815146989

O voceiro no Congreso de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, asistiu este venres a Mondoñedo para reclamar medidas urxentes para rematar cos vertido da louseira e o impacto negativo das voladoras nas casas e propiedades da veciñanza.

Mondoñedo, 16 de marzo 2018. O voceiro de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, e o Coordenador de En Marea Mondoñedo, Manuel Germade, explicaron aos afectados e afectadas polos vertidos das louseiras situadas no Val do Río Baos, as iniciativas parlamentares presentadas no Congreso, no Parlamento galego e as iniciativas a nivel local sobre este grave problema de contaminación.

En comparecencia en rolda de prensa, Fernán Vello deu conta da batería de preguntas dirixidas ao Goberno sobre este tema, preguntando se coñece as continua ilegalidades e incumprimentos das normativas en seguridade e saúde ambiental por parte de Pizarras Veira do Río S.L. no municipio de Mondoñedo, “cun enorme e negativo impacto nos acuíferos, no medio ambiente, nas vivendas, nas propiedades privadas e nas vías públicas”.

O Seprona debe facer expediente sancionador á empresa

O portavoz de En Marea no Congreso informou que pediu ao Goberno investigacións por parte do Seprona “dun problema que os veciños e veciñas levan anos denunciando. As prácticas empresariais ilegais están a causar importantes desperfectos tanto nas propiedades privadas como no eido público do municipio. Fanse voladuras con material explosivo que ten forte impacto nas casas. O encoro que surte de auga ao concello veciño, o de Lourenzá, rexistra contaminación polos vertidos das louseiras. Incluso hai unha balsa de decantación a piques de rebosar que é obxecto de grande preocupación debido á súa proximidade ás vinvendas e ao río”.

Fernán Vello tamén aludiu aos destrozos nas pistas municipais polo paso da maquinaria pesada. O portavoz no Congreso redundou na necesidade de que o Seprona abra expedientes sancionador contra a empresa pizarreira debido a estas ilegalidades, e demanda ao Goberno que exixa á empresa o cumprimento da normativa vixente en seguridade dado o perigo das reiteradas voladuras.

Filtracións de combustíbel ao Río Baos

Incluso puxo sobre a mesa a problemática derivada do transporte de gasóleo: “prodúcense vertidos contaminantes pola filtración de combustíbel que acaba no Río Baos que abastece de auga potábel ao concello de Lourenzá. Os vertidos de gasóleo son a causa do incumprimento en canto ao transporte deste tipo de sustancias. A empresa tamén incumpre as normas en relación ao  traslado polas vías públicas de mercadorías perigosas e o seu almacenamento”.

Neste sentido, reclama ao Goberno unha inspeción do transporte de combustíbel e un control e vixianza de todas as ilegalidades que comete a empresa. Para Fernán Vello é inadmisíbel que “a veciñanza teña que soportar esta situación e incluso as presións da louseira para que abandonen a zona de residencia e de traballo agrario”.

En canto ás iniciativas rexistradas no Parlamento galego polo viceportavoz, Antón Sánchez, están dirixida á Xunta para adopte medidas destinadas a rematar con este estado de cousas e que os veciños e as veciñas poidan ter unha convivencia sin contaminación e tranquila.

O coordinador de En Marea en Mondoñedo, Manuel Germade, explicou as actuacións que se están a facer a nivel local. 

Download (PDF, 119KB)