Novas

En Marea oponse ao plan de Defensa de duplicar o gasto militar

photo5949764156326521001

Madrid, 6 de marzo de 2018. O deputado de En Marea, Antón Gómez-Reino, rexistrou varias preguntas dirixidas ao Goberno para coñecer os motivos do aumento previsto do gasto público en Defensa.

“A que concretas partidas orzamentarias ten previsto destinar o Goberno o aumento do gasto previsto para Defensa en 2018?”, pregunta o deputado.

Gómez-Reino denuncia este aumento de partidas nun contexto “de recorte xeralizado do gasto público” o que demostra “as prioridades do Goberno de Rajoy”.

“Considera o Goberno que a cidadanía demanda hoxe en día un aumento do gasto en Defensa? Considera máis necesario para o benestar da cidadanía aumentar o gasto público en Defensa que en sanidade, educación e protección social?”, pregunta o deputado.

Ademais, e entre as cuestións máis importantes, En Marea quere coñecer detalladamente para qué conceptos ten previsto o Goberno aumentar o gasto público e ata que porcentaxe do PIB.

Download (PDF, 76KB)