Novas

En Marea pide explicacións a Fomento pola rotura do tirante da Ponte de Rande

14-2-

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, pide tamén nunha iniciativa rexistrada no Congreso que se abra un expediente a AUDASA

Madrid, 15 de decembro de 2017. En Marea rexistrou no Congreso unha batería de preguntas para coñecer a resposta do Goberno sobre o incendio da Ponte de Rande na AP-9 na madrugada do 14 de decembro, pola ruptura dun dos tirantes da ponte e pola seguridade dos traballadores e traballadoras.

Fernándes pregunta a Fomento polas causas do incendio e da rutura do tirante. Como é posible que acontezan este tipo de incidentes que afectan á seguridade dos traballadores?

Ademais, para En Marea tamén é fundamental a seguridade coa que están a traballador o persoal destas obras.

“Estanse cumprindo os protocolos de seguridade? Como se explica que non se redobrase a seguridade após o falecemento dun traballador o 5 de xullo?”, inquire a parlamentar.

A deputada tamén insiste en preguntar a Fomento se non cree que unha empresa concesionaria á que se lle vai permitir aumentar as peaxes un 3,8% se lle pode esixir unha maior seguridade nas obras.

“Non está o Ministerio actuando con excesiva laxitude en relación ás deficiencias e incumprimentos de AUDASA mentras permite que a súa bolsa de beneficios aumente?”, pregunta.

Download (PDF, 885KB)