Novas

En Marea pide a reprobación da ministra de Industria pola mala xestión no caso de Alcoa

photo5902381986922737704

Madrid, 15 de xaneiro de 2018. A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, presentou este martes no Congreso a reprobación da ministra de Industria, Reyes Maroto, pola mala xestión da situación de Alcoa.

“Acabamos de presentar a reprobación da Ministra de Industria por ser insolvente para xestionar os problemas da industria do noso país. Levamos dous meses e medio sen respostas”, afirmou a deputada.

Fernández considera que “é intolerable” que aínda non recibira aos sindicatos e comités de empresa e ademais califica de “insulto” que o orzamento de enerxía reduza nos orzamentos a interrumpibilidade de 150 a 31 millóns.

A voceira de En Marea increpou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e preguntoulle se vai acabar coa indutria do noso país.

“Con estes orzamentos no só se vai cargar Alcoa, tamén Isowat e máis”, concluiu.