Novas

En Marea pregunta ao Goberno pola investigación do Seprona sobre a brutal morte e maltrato a cabalos en Oia

photo6028390365972770401

A deputada de En Marea pide que se leve a cabo unha vixianza na serra de Oia para evitar que se repitan actos tan crueis

Madrid, 23 de xaneiro 2019. A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara para preguntarlle ao Goberno pola investigación aberta polo Seprona a raíz da brutal morte e maltrato a cabalos salvaxes na serra de Oia.

Fernández destaca na iniciativa dirixida ao Executivo que “os cabalos que recibiron tan brutal trato pertencen a unha especie milenaria en vías de desaparición, denominada “garranos”. Son cabalos salvaxes que viven en montes da zona aínda que teñen donos. Estes animais poden verse nas coñecidas “rapas das bestas”.

A parlamentar de En Marea formula unha serie de preguntas ao Goberno para saber se o Seprona abriu unha investigación sobre estes feitos, se sabe cal pode ser a autoría, “que medidas se van adoptar, que sancións no caso de determinar a autoría”. E quer saber se o Seprona vai estabelecer algún tipo de vixianza na serra de Oia para evitar que se repitan actos tan crueis.

Na iniciativa parlamentar recolle o estado no que apareceron os cabalos, tanto os mortos como os feridos, e o impacto que causou na Asociación de Gandeiros de Cabalos de Oia.

Download (PDF, 61KB)