Novas

En Marea pregunta ao Goberno pola prohibición de ‘Fariña’

5a8d13f0bacb5

O portavoz de En Marea lembra que “o secuestro e prohibición de libros e a censura formaba parte do hábito da ditadura franquista”.

Madrid, 9 de marzo 2018. O portavoz de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou unha batería de preguntas dirixidas ao Goberno de Rajoy para preguntarlle se considera que “a prohibición de libros forma parte da normalidade democrática” en alusión ao secuestro do libro de Nacho Carretero “Fariña”.

Fernán Vello alude na exposición de motivos á orde de retirada das librarías e a paralización da  reproducción e distribución da edición en galego e en castelá de “Fariña”, “un libro centrado na descripción do narcotráfico nunha parte de Galiza durante as décadas de 1980-90, e que menciona os supostos fíos entre o financiamento do PP e o narcotráfico, razón pola que foi prohibido cando este tema debería ser investigado”.

A liberdade de expresión vapuleada

Considera o voceiro de En Marea no Congreso que “superada a ditadura franquista, onde os secuestros e prohibicións de libros e a censura da liberdade de expresión era a tónica xeral, atopámonos en 2018 cunha medida propia do réxime ditatoria”. Afirma que se trata “dunha anormalidade democrática que debería dar lugar a unha reflexión sobre todo o que está a acontecer coa liberdade de expresión e a Lei Mordaza”.

Preocúpanos, salienta Fernán Vello, “as nefastas consecuencias da Lei Mordaza sobre as liberdades fundamentais, represaliando a sindicalistas, manifestantes como Emilio Cao, artistas, caricaturistas, humoristas titiriteiros ou persoas en xeral”. Para o portavoz de En Mara os “constantes límites á lilberdade de expresión están a asfixiar a convivencia normal”.

“Que consideracións lle merece ao Goberno que se dite o secuestro do libro “Fariña”? A que lle sona a prohibición de libros? No cre que se está a conformar un clima irrespirábel e insostíbel debido aos constantes ataques á liberdade de expresión? Non cre que a Lei Mordaza está a provocar consecuencias moi dañinas para os dereitos fundamentais?”, son algunhas das cuestións que dirixe ao Goberno.

 

 

Download (PDF, 85KB)