Novas

En Marea pregunta ao Goberno polas cargas policiais “desmesuradas” contra as traballadoras no Porto de Marín-Pontevedra

photo5965049511141289537

Madrid, 31 de outubro de 2018. As deputadas de En Marea, Yolanda Díaz e Ángela Rodríguez, fixeron varias preguntas ao Executivo relativas á carga policial “desmesurada” contra as mulleres traballadoras de empresas de produtos
elaborados do mar no Porto de Marín-Pontevedra na madrugada deste mércores.

“Cales foron os motivos que provocaron a carga policial desmesurada contra o colectivo de mulleres traballadoras de empresas de produtos elaborados do mar no Porto de Marín-Pontevedra? Quen ordenou a carga policial?”, preguntan as deputadas.

En Marea quere saber se o Goberno “é coñecedor” de que as personas que se estaban manifestando pacíficamente, coas mans no alto, “non supoñían ningunha ameaza nin risco para ninguén”.

Despois da carga, varias mulleres foron trasladadas ao hospital con lesións de diferente consideración, “quen se responsabilizará destes feitos?”, pregunta En Marea, que considera que esta actitude represiva “non vai conseguir acalar as protestas das persoas traballadoras do sector do mar, que demandan nas rúas os seus dereitos laborais”.

Ademais, En Marea pregunta tamén ao Goberno se ten previsto intermediar ou tomar parte proactiva nas negociacións entre patroal e sindicatos, tendo en conta que estas están “enquistadas” e que afectan a ao redor de 1.200 persoas traballadoras en todo o Estado, das que 1.000 pertencen a empresas galegas.

 

Download (PDF, 276KB)