Novas

En Marea pregunta ao Goberno polo financiamento para o saneamento da Ría do Burgo

photo5780800078477373005

Solicitude Datos Ría do Burgo cantidades excutadas
https://bit.ly/2Bx1Scq

POC Ría do Burgo aclarar financiación
https://bit.ly/2T1fu6J

POC Ría do Burgo cantidades ejecutadas
https://bit.ly/2AbBqVU

 

Madrid, 21 de decembro de 2018. O voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, rexistrou varias iniciativas para coñecer as cantidades que se consignaron para o saneamento da Ría do Burgo.

“Que cantidades se consignaron en cada ano nos orzamentos xerais do Estado, desde 2008 ata a actualidade, para o saneamento de Ría do Burgo na Coruña?”, pregunta o deputado, que incide en que, de ditas partidas, “que cantidades se executarons efectivamente cada ano?”.

O voceiro pregunta en concreto se, da partida de 1 millón de euros prevista para a Rexeneración de Ría do Burgo nos Orzamentos Xerais do Estado para 2018 no Programa 456D, “que cantidade se executou e a que concretas actuacións se destinou dita cantidade?”.

En Marea pide que, no caso de que non se executase, “por que non se puxo en marcha esa partida íntegramente?”.

Gómez-Reino tamén pregunta polas xestións que realizou o Ministerio para aclarar co resto de administracións públicas -Xunta de Galicia e Concellos- sobre o financiamento do Proxecto de rexeneración ambiental de Ría do Burgo co fin de posibilitar o inicio dunhas obras que levan máis de 5 anos de atraso desde que, en 2013, o Goberno decidise poñer fin a iniciar a redacción dun proxecto de dragado ambiental, largamente demandado pola cidadanía e imprescindible para que a Ría recupere o seu bo estado ambiental e a súa capacidade produtiva.

En Marea reclama que se poña “fin” a estas dilatacións e esixe que se solucione  dunha vez a situación da Ría do Burgo, por este motivo, este é unha das demandas importantes deste grupo na negociación dos orzamentos do Estado.

Download (PDF, 35KB)

Download (PDF, 23KB)

Download (PDF, 22KB)