Novas

En Marea pregunta a Costas polas medidas de seguridade que van adoptar na praia das Catedrais

tg_carrusel_cabecera_grande

O portavoz de En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello, quere saber se Costas vai facer algún estudo no espazo de As Catedrais e se tiña feito algunha recomendación a raíz das grande masificación experimentada nos últimos anos

Madrid, 6 de abril 2018. O portavoz de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou unha serie de preguntas dirixidas ao Ministerio de Medio Ambiente, en concreto á Demarcación de Costas, para saber que medidas se van a adoptar en coordinación coa Xunta e co concello de Ribadeo, para evitar tráxicos accidentes na praia de As Catedrais en Ribadeo como o acontecido o sábado 31 de marzo, no que unha moza faleceu debido ao impacto provocado polo desprendemento de rochas.

Fernán Vello pregunta ao Ministerio que información posúe en relación ao sinistro acontecido neste espazo natural, e quere coñecer se o Ministerio  ten feito algún estudo xeotécnico en relación a este monumento natural que “soporta unha enorme masificación nos últimos anos” e quer saber se fixo algún informe sobre a situación deste entorno a raíz da grande afluencia de visitantes que houbo que limitar. Tamén se tiña feito algún tipo de advertencia debido á grande afluencia de visitantes experimentada últimamente.

Delimitar as áreas a visitar

Ademais, inquire ao Ministerio sobre as conclusións ás que chegaron nas recentes reunión entre Costas, a Xunta e o concello con motivo do accidente mortal do día 31 de marzo e que medidas se van a adoptar desde cada eido competencial para evitar traxedias así se repitan.

O voceiro de En Marea lembra na súa iniciativa parlamentar que existen informes anteriores, como o estudo de redomendacións feito en setembro de 2017 que indicaba que As Catedrais é unha estrutura inestable como moitas da cornisa cantábrica. Considera que a masificación que experimentou este espazo nos últimos anos, “debería xerar unha maior cautela á hora de delimitar as zonas visitables posto que xa existen limitacións en canto ao número de visitantes. Sobre todo porque existen estudos sobre as características xeolóxicas desta área e a posibilidade de que se produzan desprendementos”.

Defende Fernán Vello que se analice a aprobación de Protocolos de seguridade que alonxen ás persoas visitantes das zonas de acantilados máis sensibles.

Demanda o voceiro de En Marea que se leven a cabo os controis, estudos e inspecións pertinentes para aportar un maior grao de proteción e seguridade aos visitantes.

Download (PDF, 89KB)