Novas

En Marea presenta 300 emendas aos Proxecto de Orzamentos

photo5983152901373145215


Madrid, 11 de febreiro de 2019. O grupo de En Marea no Congreso anunciou este luns o listado de emendas que presentará ao Proxecto dos Orzamentos do Estado 2019.

“Mostramos a nosa posición negociadora. Esta semana teremos unha nova xuntanza co Goberno, pero hoxe presentamos 300 emendas parciais aos Orzamentos porque nós temos un proxecto alternativo”, anunciou a voceira no Congreso, Yolanda Díaz.
En Marea mostrou o seu desconecto coa proposta do Goberno de Pedro Sánchez para Galicia e por iso “se non aceptan unha mellora no investimento, En Marea votará NON aos orzamentos”.
Díaz detallou que traballamos na negociación en 3 bloques. O primeiro deles ten que ver coa reversión do recorte orzamentario, a segunda cos 70 proxectos que sempre estiveron consignados e que foron eleminados, polo que En Marea pide que sexa correxido, e finalmente que, unha vez esgotado o AVE, queremos un deseño das medidas necesarias para cohesionar Galicia.
Entre algunha das case 300 emendas presentadas, atópanse cuestións fundamentais para Galicia e un proxecto alternativo de país.
“Hai un bloque de emendas que teñen que ver co modelo produtivo, coas infraestruturas e hai moitas emendas sobre pesca e agricultura”, afirmou a deputada Ángela Rodríguez.
Entre outras cuestións, a deputada lembrou a solicitude de recusos para combatir os lumes, para Salvamento Marítimo, para a construción dun dique seco para Navantia en Ferrol, a variante norte en Ourense, a humanización da Avenida Alfonso Molina na Coruña, o enlace orbital en Compostela ou o saneamento das rías, como a do Burgo ou a de Pontevedra.
Nas infraestruturas, En Marea esixe unha vertebración alternativa ao AVE, medidas para as principais cidades como o tren en Lugo ou a conexión A Coruña-Ferrol e Vigo-Pontevedra, apostando polo tren de Cercanías
Entre outras cuestións tamén destacou a vertebración territorial, incidindo en Vigo na saída sur e a conexión con Portugal, ampliación do Eixo Atlántico, e a paralización da A-57.
Ademais, a deputada incidiu nas cuestións sociais: “se podemos decidir algo nestes orzamentos será para que Galicia sexa un país ao que volver, polo que apostaremos por un plan de emprego para Galicia e un plan para os mozos e mozas emigrantes”.