Novas

En Marea recibe no Congreso ás traballadoras da Xustiza en Galicia, que quería entregarlle unha carta ao ministro Catalá

photo5940719071165262719

Madrid, 11 de abril de 2018. Os deputados e deputadas de En Marea no Congreso recibiron este mércores no Congreso con traballadoras e traballadores da Xustiza en Galicia que levan en folga indefinida desde hai máis de dous meses.

Os traballadores achegáronse ao Congreso para entregarlle unha carta ao ministro Rafael Catalá, que finalmente foi entregada a través da deputada de En Marea, Yolanda Díaz, no propio pleno.

O portavoz do Comité de Folga dos Funcionarios de Xustiza de Galicia, Pablo Valeiras Rios, asegurou en declaracións aos medios que “a paralización dun servizo esencial, como é a xusticia, ten unha repercusión brutal para a ciudadanía”.

“En ocasións dubidamos se o interese do Partido Popular é que a xustiza esté parada para frear tamén todos os xuizos de corrupción que teñen, que pase o tempo e prescriban. Levamos máis de 17.000 xuizos paralizados e está inacción por parte do Ministro de Xustiza faino tan responsable como a Nuñez Feijóo”, asegurou.

Pola súa banda, os deputados e deputadas de En Marea agredeceron o exemplo de loita das traballadoras da Xustiza de Galicia e insistiu en que “seguimos a defender os dereitos das trablladoras/es”.

“Son reivindicacións xustas. Son dereitos que se teñen que cumprir. Rueda debería beneficiar á administración de xustiza e ao público, non aos seus propios intereses”.

Download (PDF, 801KB)

photo5940719071165262642