Novas

En Marea recolle as demandas dos traballadores/as de prisións de Pontevedra

photo5820919367989308283

 

Pontevedra, 2 de marzo. A senadora de En Marea, Vanessa Angustia, mantivo este venres unha xuntanza cos sindicatos UGT, CCOO e ACAIP e traballadoras e traballadores suscritos ao centro penitenciario da Lama para coñecer de primeira man as súas demandas.

“Recollemos demandas comúns trasladadas dende a plataforma estatal vinculados a temas de cualifación. Hai unha sensación de non estar na categoría profesional axeitada. A maioría estan inscritos no C1, cando en realidade teñen capacidade de estar no Grupo B que en institucións penitenciarias está baleiro”, denunciou Angustia.

En Marea pide tamén a recuperación salarial. “O problema débese á perda salarial pola crise, por iso pedimos unha recuperación salarial en base aos soldos nos centros especiais”.

A senadora destacou tamén “o grave problema vinculado ao ámbito sanitario”.

“Non se están cubrindo tasas de reposición dos funcionarios nin do persoal sanitario. Polo tanto, hai un déficit de persoal en materia sanitaria e non conxunto do funcionariado. Déficit de 3.500 funcionarios no Estado, pero que afecta a Galicia especialmente”.

Angustia tamén destacou o problema de atención psiquiátrica.

“Non hai psiquiatras adscritas no cárcere de A Lama, polo que unha poboación grande de internos non ten un seguimento médico apropiado”.

En relación ás medicacións, non están escritos no réxime xeral de saúde porque o Goberno non está disposto a cubrir o tratamento médico. “É un dereito constitucional e xera un problema de saúda pública”, insistiu a senadora.

A senadora mantivo esta xuntanza despois de que estas organizacións levasen a cabo a pasada semana en Madrid unha manifestación estatal e comprométese a defender nos espazos institucionais as reivindicaciones destes traballadores/as.