Novas

En Marea pide a reprobación da ministra Tejerina polas súas “mentiras e portas xiratorias”

26d4e53b-541d-485e-9e52-892f82647d26

“Atopámonos nunha situación que en calquera democracia avanzada remataría en dimisión. A ministra na sesión de control mentiu ao Congreso e á cidadanía, polo que debe dimitir”, asegurou o deputado e voceiro na Comisión de Agricultura, Antón Gómez-Reino.

Madrid, 26 de febreiro de 2017. En Marea e o Grupo Parlamentario Confederal rexistrou este luns unha Proposición para a reprobación da Ministra de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, para o seu debate e votación en Pleno.

“Atopámonos nunha situación que en calquera democracia avanzada remataría en dimisión. A ministra na sesión de control mentiu ao Congreso e á cidadanía, polo que debe dimitir”, asegurou o deputado e voceiro na Comisión de Agricultura, Antón Gómez-Reino.

O parlamentar de En Marea insistiu en que Tejerina di en sede parlamentaria que “os expertos e expertas e a Comisión Europea manteñen a súa posición, pero non é así: os únicos que a manteñen son ela e Fertiberia”.

García Tejerina, que representa ao Goberno español nas negociacións entre as institucións comunitarias, opúxose a que a CE rebaixe os límites máximos de tóxicos permitidos nos fertilizantes agrícolas, defendendo que os niveis se queden nos 75 microgramos/quilo, que é exactamente a mesma postura que defende Fertilizers Europe.

A ministra xustificou a súa postura co argumento de que fabricar fertilizantes menos tóxicos tería impactos sobre o sobre o sector e nos agricultores, sinalando que “o mercado español debe poder seguir dispoñendo de fósforo procedente da roca fosfórica africana” e que “poñer uns límites de cadmio demasiado rigorosos sacaríannos do mercado de fertilizantes fosfatados”.

Gómez-Reino insistiu en que con esta postura “esta poñenendo en perigo a saúde de milleiros de persoas con fosfatos tóxicos: É o cabalo de Troia de Villar Mir na comisión europea”.

Ante isto, a portavoz adxunta de Unidos Podemos no Congreso, Ione Belarra, destacou que “a ministra Tejerina parece que antepón os intereses do sector do fertilizante aos intereses da cidadanía”.

“Máis que un caso de portas xiratorias, isto é unha ruleta rusa que afecta á saúde de todas”, insistiu.