Novas

En Marea volta a preguntar ao Goberno sobre a titularidade da Casa Cornide da Coruña

photo5764671952294882735

Madrid, 31 de xaneiro de 2018. O deputado de En Marea, Antón Gómez-Reino, e a voceira no Congreso Yolanda Díaz rexistraron no Congreso unha batería de preguntas sobre a titularidade da Casa Cornide da Coruña e fixeron unha solicitude de información ao Goberno despois de recibir unha resposta na que se desmarcan da situación deste histórico edificio barroco da Cidade Vella da Coruña.

Entre outros documentos, En Marea solicita a copia da escritura pública de permuta, copia da comunicación dirixida polo Ministerio de Educación ao Concello da Coruña ou a copia do informe da Dirección do Conservadorio de Música.

En Marea pregunta ao Executivo se, unha vez formalizada a permuta, a que fins destinou a parcela sita no lugar de San Roque de Afuera, no sitio denominado “Leirones de Asar o Cortelliño”, e se continúa figurando no Inventario Xeral de Bens e Dereitos do Estado.

“De non figurar inscrita no Inventario Xeral de Bens e Dereitos do Estado, en que data deixou de pertencer este inmoble ao patrimonio do Estado e por que motivo?”.

Gómez-Reino pregunta ao Executivo se coñece o libro ‘Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio’ no que os investigadores Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo adican un capítulo a explicar cómo a Casa Cornide pasou a mans do ditador despois de ser adquirida en 1957 polo Ministerio de Educación, en virtude dunha complexa operación administrativa que implicou a varias institucións do Estado para que o ditador e a súa familia poidesen facerse coa Casa Cornide.

“Non considera o Goberno que na obra mencionada os investigadores ofrecen bastantes datos para xerar unha dúbida razoable de que as sucesivas transmisións da Casa Cornide formaron parte dunha operación fraudulenta deseñada para que Francisco Franco adquirise ilexítimamente coa propiedade do inmoble?. Non consideran que isto xustificaría polo menos a apertura dunha investigación da situación do inmoble a tenor do artigo 45 da Lei 33/2003, de 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas, por si aquel saíse ilícitamente do patrimonio público?”, conclúe o deputado, á espera da resposta do Goberno.

Download (PDF, 55KB)

Download (PDF, 78KB)