Fernán Vello denunciaba nunha iniciativa o abandono da liña de ancho métrico, especialmente na Mariña, e lembra que a súa mellora foi “unha constante do traballo de En Marea”.
Madrid, 19 de febreiro 2019. O Ministerio de Fomento, Adif, indica nunha resposta ao deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, que entre xuño e setembro de 2018 suprimíronse na liña de ancho métrico entre Ferrol e Ribadeo un total de 738 trens. Ademáis, contabilizáronse 144 incidencias.
Esta é a resposta do Ministerio a unha iniciativa de control de Fernán Vello que leva toda a lexislatura reclamando melloras na liña, denunciando a súa situación e incluso mantivo unha xunta ao Presidenta de Adif en outubro pasado para demandarlle actuacións urxentes. Fomento aporta un cadro no que se recolle o número de trens suprimidos nos meses de xuño (199), xullo (169), agosto (309) e setembro (67). Tamén fai un desglose do tipo de incidencias que chegaron a un total de 144.
O parlamentar de En Marea puxo de relieve o abandono da liña de ancho métrico de xeito constante através de iniciativas e con propostas de maiores dotacións orzamentarias para recuperar estes servizos ferroviarios “imprescindíbeis en comarcas como A Mariña, moi poboadas, e que teñen una importante actividade económica. Nunca entendemos a deixación absoluta que se practicou con este ferrocarril. Hai unha infraestrutura ferroviaria, uns trens, uns servizos, non sería lóxico investir na súa mellor e rehabilitación para incentivar a movilidade en transporte público?”, pregúntase Fernán Vello.
Na súa resposta ao deputado de En Marea, o Ministerio dí que Renfe acadou un acordo coa Xunta e coas mancomunidades de municipios de Ferrolterra e Ortegal para a aplicación de novos horarios. De novo, fala do “famoso Plan de Reforzo” do que se leva a falar desde hai máis dun ano pero que segue sen despegar.
A couza guatemalteca na Mariña
O deputado de En Marea interesouse a finais de ano 2018 pola situación de eliminación da plaga da couza guatemalteca que afectou á plantacións de pataca na Mariña de Lugo, entre outras zonas. Pregunta Fernán Vello se por fin logrouse erradicar e dado que se acercaban os dous anos de prohibición se o Ministerio de Agricultura podía fornecer algún tipo de información ao respeito para que labregos e labregas poidan facer as súas planificacións.
Neste sentido, o Ministerio de Agricultura ofrece boas perspectivas ao afirmar que “os dados amosan o grande avance logrado nestes anos, desde 2016, na loita contra a plaga na provincia de Lugo”. Explica a En Marea que o Real Decreto e o Plan de Continxencia “permitiu reducir considerablemente a incidencia da mesma, se ben non está erradicada na súa totalidade, na Mariña luguesa e mais concretamente nos municipios costeiros que é onde continúa presente”.
Conclúe que “se nons se consigue acadar o obxectivo da erradicación, poderáse prorrogar o periodo de vixencia da prohibición”. E lembra que lle compete á Xunta levar a cabo actividades de comunicación e divulgación sobre a plaga.
Son numerosas as ocasións nas que Fernán Vello ten demandando investimentos na liña da antiga Feve entre Ferrolterra- Ortegal e A Mariña debido ao seu catastrófico e precario estado. Mais, o que pedía o deputado de En Marea era un Plan de mellora da liña de ancho métrico. Nesta resposa, Adif limítase a “parchear e a remendar. É dicer, fala de investimentos en trincheiras que efectivamente hai que facer pero que non se poden reducir a ese aspeito”. Considera Fernán Vello que son tantas as deficiencias desta conexión, a única que atravesa a liña do Cantábrico, que debería “existir unha visión global como lle transmitimos á Presidente de Adif na xunta que mantivemos con ela recentemente”.
Adif resposta a Fernán Vello que “un dos puntos nos que se intensificou no últimos anos o investimento é o tratamento das trincheiras. No último trienio investíronse en Galicia 2,4 millóns nese eido”. Engade que “está previsto continuar coa eliminación de puntos de risco en trincheiras do tramo Ferrol-Ribadeo, para o cal iniciouse no mes de abril a redación do proxecto para a estabilización dos taludes das trincheiras situadas entre os pp.kk 73/950, 97/050 e 87/205, e 95/640 e 95/900 situadas entre O Barqueiro e Xove”.
Hai que adoptar un Plan de reforma máis ambicioso
Tamén explica a En Marea que “rematouse recentemente unha actuación de reforzo da ponte de O Barqueiro”. O deputado de En Marea pedía investimentos máis ambiciosos para rematar coas constantes cancelacións, avarías e demáis deficiencias como a renovación do parque móvil, a modernización da liña, maiores frecuencias e servizos adaptados ás necesidades dos usuarios a modo dun tren de cercanías. Tamén mái personal.
Adif só fala das actuacións en trincheiras e sinala que na planificación futura estaría a “modernización das instalacións de seguridade das Cercanías da Rede de Ancho Métrico en Galicia, eliminando o bloqueo telefónico para pasar a realizar a regulación do tráfico entre Ferrol e Ortigueira automáticaente desde o CTC”. Non da datas concretas, simplemente indica que “será entre 2019 e 2020”.
Fernán Vello insiste na necesidade de ter “unha visión de conxunto do mal estado da antiga Feve e apostar decididamente polo ferrocarril como medio de transporte ecolóxico e eficiente que sacaría vehículos das estradas. O abandono desta liña non se arranxa con remendos, hai que aprobar un Plan que inclúa toda a problemática e que ofereza un tren óptimo e eficiente aos habitantes da franxa Cantábrica”.
Insta a Adif a adoptar as medidas precisas para poñer solución á precariedade do único tren que ten A Mariña.