Novas

Medio Ambiente desvela a En Marea que multou á láctea Celega por 24,493 € polos vertidos ao río Pesqueiras

P4052400-copia

O deputado e voceiro de en Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, dirixiuse ao Ministerio polos constantes vertidos a este río no municipio de O Saviñao e pediulle un Plan de rexeneración dunha canle fluvial que foi un coñecido río troiteiro.

Madrid, 22 de febreiro 2018. O Ministerio de Medio Ambiente que dirixe Tejerina vén de respostar ao portavoz de En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello, resolveu o expediente sancionador imposto á empresa láctea Celega por vertidos ao río Pesqueiras impoñéndolle unha multa por importe de 24.493,35 euros.

Fernán Vello presentou unha batería de preguntas e unha proposición non de lei para demandarlle á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil a adopción de medidas para paralizar definitivamente os constantes vertidos ao río Pesqueiras no municipio de O Saviñao.

Ademais, pide un Plan de Rexeneración e Limpeza dun río que no pasado tivo un rico ecosistema e foi un coñecido río troiteiro. Son reiteradas as iniciativas do portavoz de En Marea sobre este tema debido aos constantes contaminantes que se verten ao río Pesqueiras que tamén son obxecto das constantes denuncias de colectivos ecoloxistas, asociación de veciños e incluso particulares.

CHMS tramitou varios expedientes a esta empresa

O Ministerio de Medio Ambiente tamén indica que a  Resolución comprende a obriga de indemnizar os danos producidos ao dominio público hidráulico. Deixa claro que ficou acreditada a autoría dos verquidos e que corresponde á empresa láctea Celega S.L, enfatizando que “a propia empresa recoñeceu os feitos que deron orixe ao expediente”.

Ademais, e en resposta ás preguntas formuladas por Fernán Vello, indica que constan no Organismo de Conca outros expedientes sancionadores incoados e resoltos anteriormente a nome desta empresa: aportando a numeración de cinco expedientes. Desvela o Ministerio que perante os numerosos expedientes abertos á empresa, Celega “está a realizar melloras nas instalacións de depuración”.

En relación á solicitude dun Plan de Rexeneración deste río, O Ministerio sinala que “está a realizar un seguimento do  Pesqueiras” e que “se en función dos resultados estima que é preciso algunha actuación, tomarán as medidas oportunas”.

Non mais vertidos ilegais ao río. Recuperar a súa vida

Para o portavoz de En Marea é imprescindíbel  recuperar a riqueza que tivo o Pesqueiras no pasado e a súa beleza ao pasar por ladeiras de viñedos até perto da Ribeira Sacra. Salienta a súa proximidade á Ribeira Sacra da que a Xunta está a tramitar a súa declaración como BIC.

Download (PDF, 72KB)

  • Manuel Sarmiento Rodriguez

    primeiro hai que confirmar o cese dos vertidos, coas analíticas pertinentes. Logo iniciar a recuperación das condicións naturais deste deteriorado rio utilizado como sumideiro ” diario ” da empresa. ¿ quen pagará a reposición ? ¿ o estado ? Dudo que a CHMS , despois de infravalorar os vertidos e disminuir as sancións, sexa o organismo idóneo para rehabilitar esta conca fluvial