Novas

“Non imos pactar para baixar as pensións, nin para aumentar a idade de xubilación”

photo6010311186471563097

“Para traizoar aos pensionistas, que non conten con nós”, insistiu a voceira no Congreso, Yolanda Díaz, sobre as negociacións do Pacto de Toledo.

Madrid, 19 de febreiro de 2019. Os diferentes partidos que integran o Pacto de Toledo, coa excepción do Grupo Confederal Unidos Podemos- En Comú Podem e En Marea, xunto con ERC, intentaron este martes forzar unha votación para pechar o pacto sen chegar a consenso en puntos chave como a idade de xubilación, o modelo de financiamento ou as prestacións de viudedade.

Desde Unidos Podemos sinalan que non se rompeu ningún pacto, porque aínda non existía. “O acordo non estaba listo en cuestións fundamentais para os e as pensionistas do noso país. Por esta razón iamos presentar votos particulares”, explica a deputada Yolanda Díaz.

“Non estamos de acordo con que o cómputo da pensión se estanda a toda a vida laboral, porque isto supón un recorte da pensión e afecta especialmente ás mulleres. Tampouco podemos votar a favor de que teñamos que traballar máis aló dos 67, queremos volver aos 65 anos”, aclara a deputada, presente nas negociacións do Pacto de Toledo.

Ademais, desde En Marea destacamos que outro punto importante sobre o que non se formalizou o acordo foi o modelo de financiamento.

“No borrador que quería formalizarse hoxe, custase o que custase, casualmente non se cambian os ingresos, a política que se quere practicar é a mesma que practicaba o Partido Popular”, explica a deputada Díaz, que rematou tallante asegurando que “para traizoar aos pensionistas, connosco que non conten”.

Download (PDF, 247KB)