Novas

O Congreso aproba a iniciativa de En Marea que pide aplicar os COES aos traballadores con risco de contraer silicose

photo5938205067893123940
Intervención: https://youtu.be/9TiDr9h6oyw
Madrid, 10 de abril de 2018. O Congreso dos Deputados aprobou este martes na Comisión de Emprego a iniciativa de En Marea que esixe ao Goberno a aplicación de coeficientes redutores aos traballadores/as de pizarra e granito con risco de contraer silicose.A iniciativa saiu adiante por 22 votos a favor e 14 en contra, do Partido Popular.

“A situación é moi grave. As contrarreformas de pensións do PP e PSOE, cos recortes na xubilación anticipada, non axudan a mellorar a situación. Esta iniciativa pon o foco de atención no incremento de traballadores que enfermaron por silicose en relación coa extracción da pizarra e granito”, sinalou Díaz.

A deputada chegou a un acordo transaccional para adoptar “medidas encamiñadas a dar solución aos problemas dos traballadores do sector da extracción e transformación do granito e a pizarra expostos a riscos de contraer silicose”.

Ante esta situación, pedimos “convocar, con carácter urxente, aos axentes sociais para iniciar o proceso de revisión dos actuais coeficientes redutores que se aplican no sector do granito e a pizarra, de xeito que se aplique a todos os postos de traballo que se desenvolven nas naves de elaboración e transformación, aínda sen ter actividade extractiva; homoxeneizando os dos distintos postos de traballo expostos, independentemente da súa categoría”.

Ademais, acordouse incorporar ao sistema da Seguridade Social un código identificador das empresas que desenvolvan a súa actividade económica no sector a fin de facilitar o acceso á xubilación destes traballadores, “sen necesidade de que teñan que solicitar empresa por empresa o recoñecemento dos coeficientes reductores”.
Entre outras cuestións, tamén se aprobou o recoñecemento de incapacidade total aos traballadores/as afectados de primeiro grao de silicose cando non poidan acceder a outro posto de traballo exento de risco pulvíxeno na mesma empresa.
Díaz lembrou que Galicia é a comunidade con maior número de traballadores afectados por esta patoloxía.
“Pedimos que se revisen os coes con negociación pausada, para ponderar a súa equiparación ás categorias que se aplican no interior. Pedimos que se revisen, con negociación cos sindicatos e se aplique a revisión dos coeficientes. En Galicia xa emprendeu a CIG accións sobre esta cuestión, pero pedimos que se le de la cobertura legislativa que necesitan”, destacou a deputada, resaltando que se van incrementando os casos de enfermidade pola transformación de pizarra e granito e que hay 15 novos casos cada ano.