Novas

O Goberno anuncia a En Marea que comunicou ao concello de Monforte que fará unha inspección do Estado da Muralla do Parador

eeeeee

 Fomento tamén indica a Fernán Vello que “informou favorablemente da viabilidade da actuación proposta pola Xunta para a conexión vial do Porto Seco coa N-120”

Madrid, 7 de febreiro 2019. O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo desvelou ao deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán  Vello, que Turespaña comunicouse co concello de Monforte de Lemos que “os seus servizos técnicos realizarán próximamente unha visita á muralla do parador, para avaliar o estado dos bens adscritos a Turespaña e decidir as actuacións para a súa conservación, en función da disponibilidade orzamentaria”.

Esta iniciativa de Turespaña é o resultados ás distintias iniciativas parlamentares dirixidas polo deputado de En Marea ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para demandarlle actuacións de rexeneración da parte da muralla medieval da fortaleza de San Vicente do Pino que pertence ao parador de Turismo de Monforte de Lemos.

Fernán Vello ten formulado diversas cuestións por este tema. En novembro pasado, o Ministerio respostaba ao deputado de En Marea que esta entidade “non recibira ningunha comunicación nin requerimento do concello de Monforte de Lemos sobre o estado de conservación dos inmóbeis adscritos a Turespaña”.  Razón pola que o parlamentar de En Marea requeríalle que levase a cabo a iniciativa.

Miguel Anxo Fernán Vello avalia positivamente o anuncio de Turespaña á súa petición posto que “vai levar a cabo unha inspeción do estado da muralla” e agarda que non se practique “a cicatería económica porque este tramo de muralla debe ser reforzado e mellorado”.

Fomento desminte á Xunta en relación á conexión do Porto Seco coa N-120

Noutra resposta en relación á conexión por estrada co Porto  Seco de Monforte, “infraestrutura paralizada e en desuso debido á desidia da Xunta”, o Ministerio de Fomento resposta a Fernán Vello que “con data de 21 de agosto, o Ministerio informou favorablemente da viabilidade da actuación proposta pola Xunta para a conexión do Porto Seco de Monforte coa N-120”. O deputado de En Marea criticaba a “lentitude e a parsimonia en relación ás necesarias conexións viais co Porto Seco”. E preguntaba a Fomento se era certo o que dicía a Consellaría de Infraestruturas sobre que Fomento non tiña dado resposta ao proxecto presentado pola Consellaría para rematar o enlace entre a plataforma loxística e a N-120. Cuestión que Fomento desminte nesta resposta.

O Ministerio engade na súa resposta a En Marea que “a Xunta debe presentar un proxecto construtivo que desenvolva a solución informada favorablemente para a súa aprobación polo Ministerio antes de se iniciar a execución das obras”.

Fernán Vello pide “responsabilidade, seriedade e que se proceda canto antes á construción do que queda para enlazar o vial coa N-120. O deber de toda administración, for Xunta ou estado, é mirar polos intereses de Galiza, non enredarse nunha arañeira de traspaso de responsabilidades. Hai que poñerse mans á obra porque é hora de que a Xunta active o Porto Seco e se deixe de excusas de mal pagador”.

Download (PDF, 29KB)

Download (PDF, 29KB)