Novas

O Goberno veta a Proposición de Lei de Revalorización das Pensións de En Marea

photo5852709096711630039

Madrid, 12 de marzo de 2017. O Goberno de Mariano Rajoy vetou de novo unha proposición de lei sobre as pensións, neste caso a iniciativa de En Marea e o grupo confederal que pedía revalorizar as pensións.

“Con este veto, M.Rajoy pon de manifesto que non ten previsto ningún tipo de mellora nas pensións, e que dá as costas, de novo, ás reclamacións da marea pensionista”, denuncia a deputada Yolanda Díaz, que coordinou a redacción desta iniciativa.

En Marea considera que de xeito fraudulento o Goberno está “secuestrando a democracia a través dos vetos”.

Ademais, con este veto, o Partido Popular quere evitar que se debata a lei no pleno do Congreso “porque demostra que as pensións dignas e a súa revalorización son posibles e viables”.

“Esiximos que deixen de saquear as nosas pensións e de xogar coas nosas vidas. Pedimos que defendan o mandato constitucional de revalorizar as pensións”, sinalou a parlamentar.

 

Ante esta situación, pedímoslle a Ciudadanos “que non vote a favor do veto do PP na Mesa, dado que é o único partido que o sigue apoiando e amparando e permitan así que se debata a Lei pola revalorización das pensións en conformidade ao IPC”.

Para rematar, Díaz insistiu en que “o sábado 17 temos que saír ás rúas, porque as nosas maiores están a demostrar que desbordar as rúas é a única vía para loitar polos dereitos que vetan no Congreso”.