Fernán Vello urxía ao Ministerio a recapacitar e a incluir a Lugo na creación de novos Xulgados do Social. O Ministerio aclara que “é a Comunidade Autónoma de Galicia quen fai a proposta de creación de novas unidades xudiciais”
Madrid, 5 de marzo de 2019. O Ministerio de Xustiza ven de respostar ao parlamentar de En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello, que a “Comunidade Autónoma de Galicia na súa proposta de creación de novas unidades xudiciais solicitou a creación de 3 novos Xulgados do Social: 1 en A Coruña, 1 en Santiago e 1 en Vigo”, excluíndo a Lugo de estas propostas que debe formular o Goberno galego de Feijoó.
En Marea leva desde 2016 pedindo o Xulgado do Social para Lugo
Fernán Vello, que leva desde o ano 2016 presentando iniciativas no Congreso en demanda do Xulgado do Social para Lugo, e que sempre se atopou coas negativas do anterior Goberno do PP, urxiu de novo ao Ministerio de Xustiza a recapacitar e rectificar o feito de que non se inclúa a Lugo na creación de novos Xulgados do Social.
O Ministerio de Xustiza explica a En Marea que “após da celebración do Pleno da Conferencia Sectorial do 3 de outubro, solicitouse ás CC.AA con competencias en materia de xustiza, as súas propostas de creación de novas unidades xudiciais para a elaboración da programación de 2019”. Así “o comunicou ás 12 CC.AA con competencias en materia de xustiza”, entre elas Galicia.
A Xunta pediu para A Coruña, Santiago e Vigo
Desvela así ao deputado de En Marea que o Goberno da Xunta non incluíu a Lugo na proposta de creación de Xulgados do Social. É mais, incluso a Xunta solicita a ampliación de asignación de unidades xudiciais a esta Comunidade Autónoma, “a creación de 2 unidades xudiciais, Xulgado de Primeira Instancia nº14 de a Coruña, e a creación dunha praza de maxistrado para a seción 2ª da Audiencia Provincial de A Coruña (penal) e a creación de 4 prazas de Xuices de Adscripción Territorial”.
Miguel Anxo Fernán Vello critica con dureza a Feixoó “porque fai o mesmo que fixo coas infraestruturas ferroviarias. Emprega os instrumentos de propaganda para confundir e sempre marxina a Lugo á hora de defender os nosos intereses. Por que non incluíu a Xunta na proposta a enviar ao Ministerio un novo Xulgado do Social para Lugo? Pois porque non ten ningún compromiso cos intereses de Lugo”. Fernán Vello deixou claro que En Marea traballou arreo durante toda a lexislatura polo territorio lugués, trasladando ás Cortes as súas deficiencias e problemas como é o referente á materia de xustiza ou o tren. “Comprobamos que nunca se pode baixar a garda con Lugo porque á mínima fica fóra do mapa de modernización ferroviaria, da mellora das estradas ou da ubicación de novos Xulgados. En Marea amosou a súa implicación con Lugo e