Novas

Presentada no Congreso unha pioneira proposición de lei que recolle os dereitos das persoas transexuais

photo5800812225190013974

Madrid, 23 de febreiro de 2018. En Marea xunto co Grupo Parlamentario Confederal presentou esta mañá no Congreso a Proposición de lei sobre a protección xurídica das persoas trans.

“Trátase dun texto ambicioso, que nace dos grupos e plataformas de persoas transexuais, e que aboga, dunha forma pionera, polo dereito á libre determinación da identidade sexual e expresión de xénero”, sinalaron a deputada Ángela Rodríguez e a senadora Vanessa Angustia, que participaron na presentación do texto.

As deputadas e os colectivos, presentes no rexistro, calificaron este día como “histórico” para as persoas transexuais e para toda a sociedade española “tras séculos de exclusión, discriminación e patologización”.

Desde os colectivos trans sinalaron que esa proposición de lei “achégase máis á democracia e deixa atrás o franquismo” e recordaron que esta proposta “será o espello onde se miren as nosas irmás de Latinomérica e de Europa”.

 

Esta proposta cumpre unha demanda histórica e trata globalmente a realidade do colectivo, como aspectos rexistrais, de saúde, educativos, do ámbito laboral, a situación das persoas trans nos centros de reclusión e no ámbito deportivo.