Novas

Xuntanza de En Marea coa plataforma anti-lindano en Torneiros para explicar as iniciativas presentadas no Congreso

photo5800738867148598407

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, mantivo unha xuntanza este venres coa Plataforma Anti-Lindano para falar dos problemas xerados pola grave contaminación  por lindano no Porriño.

Vigo, 23 de febreiro de 2018. A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, visitou esta tarde a área afectada por contaminación causada por lindano na comarca de Louriña. En Torneiros mantivo un encontro coa portavoz de Plataforma Anti-Lindano, Patricia Sïo, e co concelleiro de Eu Son Porriño, Pedro Ocampo.

A parlamentar de En Marea escoitou a problemática de primeira man visitando áreas afectadas sobre terreo. Na súa interlocución, Fernández explicou as iniciativas presentadas no Congreso por este tema, dirixindo á Ministra de Medio Ambiente, Isabel García Tejerina unah batería de preguntas, das que xa houbo resposta do Ministerio. Ademáis, fixo entrega da proposición non de lei rexistrada.

Na proposición non de lei, a deputada de En Marea salientou propostas como a de que se adopten medidas en colaboración coa Xunta para erradicar os altos níveis de lindano nas zonas afectadas. A deputada de En Marea propón que se leve a cabo unha investigación e análise para determinar con exactitud en que lugares está este elemento contaminante e que se cartografíen as áreas.

Investigar, analizar e descontaminar

Demanda Alexandra Fernández que se elabore un Plan de descontaminación do terreno e das zonas con presenza de lindano. Pide á Confederación Hidrográfica  que se contemple nos planos hidrolóxicos da conca medicións dos índices de lindano, que prevaleza o principio de precaución e non se destine ao consumo humano a auga de ríos ou acuíferos contaminados por altas concentracións de lindano.

Tamén reclama que se estabelezan nos planos hidrolóxicos límites en relación á presenza de HCH nas augas destinadas a consumos humano e que se aproben canto antes planos de actuación para a erradicación de sustancias prioritarias e prioritarias perigosas como o lindano.

Resposta do Ministerio

Asemade, a deputada de En Marea trasladoulles a resposta recente do Ministerio de Medio Ambiente ás preguntas formuladas, na que Tejerina limítase a facer unha descripción dos feitos, a detallar as “numerosas campañas de investigación realizadas pola Confederación desde os anos 80” e que informou ás Administracións competentes. Mais, lamenta Fernández, “fai o mesmo que está a facer a Xunta e o concello que é pasarse a pelota uns aos outros. O Ministerio indica que non ten competencias en materia sanitaria” aínda que fixo campañas de control de captacións de auga, “comunicando os resultados á Consellaría de Sanidade e ao concello de Porriño”.

A parlamentar de En Marea considera que “ante un problema desta gravidade, as administracións deberían actuar con responsabilidade, cooperar, colaborar e coparticipar na adopción de medidas urxentes para descontaminar as áreas afectadas e  velar pola saúde pública. Pensamos que non é hora de pasarse a pelota e desviar a atención, senón que é o momento de afrontar con actuacións a situación que tanta preocupación está a xerar nos veciños e veciñas”.