1. Alexandra Fernández Gómez
alex

Nacín en Vigo e teño 27 anos. No plano académico estou a rematar o Proxecto Fin de Carreira en Arquitectura e Urbanismo. Apaixóname todo o que ten que ver coa democratización do espazo urbano e o dereito á cidade. Adoito traballar con rapaces e rapazas como monitora de tempo libre e encántame o deporte.

Pertenzo a esa xeración que combina formación e traballo precario e participei activamente na toma das prazas no 15M. Hoxe son militante de Anova, formo parte da Asociación Cultural Bou Eva e nas últimas eleccións municipais involucreime no grupo dinamizador da Marea de Vigo.

Encabezo a lista por Pontevedra, non dun partido político, senón dunha ilusión colectiva chamada En Marea. Para que ninguén máis teña que medrar vendo como a política consiste na alternancia dos tristes.

2. Ángela Rodríguez Martínez
pam

Licenciada en Filosofía en Compostela. Investigando aqueles puntos que unen política, arte e filosofía. Hai 26 anos que nacín na cidade de Pontevedra, lugar ao que despois de tentar outras cidades, regresei.

Vivo laboral, metafórica e literalmente entre a Facultade de Belas Artes e a estatua dos Heroes de Pontesampaio onde fixemos nacer como noutras prazas primaveras rebeldes, feminismos, orgullos, dignidades, resistencias e Mareas. Secretaria de Coordinación e Igualdade de Podemos Galicia, en precario e con media xeración emigrada, intentando facer un país ao que volver.

3. Josué Villar Ballesteros
josue

Nacín en Gondomar no ano 1987, onde vivo ata o día de hoxe. Son Graduado en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela.

Candidato á alcaldía por Esquerda unida no ano 2011, e por Gondomar Concello Aberto (candidatura de unidade vecinal) nas últimas eleccións municipais. Actualmente formo parte da corporación local de Gondomar como concelleiro de Formación, Emprego e Dinamización Económica.

Penso que En Marea representa unha oportunidade histórica, e que a unidade popular é o camiño para mudar o sistema e artellar unha alternativa ás políticas austericidas do Partido Popular. Unidade, pluralidade, pacifismo, ecoloxismo, feminismo, participación, transparencia, dereito de autodeterminación, defensa do patrimonio histórico e cultural, laicismo… Son moitos os motivos polos que participar na candidatura de En Marea, unha alternativa política necesaria para mudalo todo e construir unha sociedade máis xusta.

4. Lara Rodríguez Peña
5. Francisco Díaz
6. Blanca Barrio Gutiérrez
7. David Carballal Vázquez
Eu na reun, marea atl. B-N

Galego nado no Ribeiro; Pontevedrès dende os dous anos.

Tras estudar no ensino e Universidade públicos, que considero fundamentais para o progreso do país, traballei màis dunha década coma asesor comercial de empresas. Agora inicio novo proxecto coma autónomo. Sempre preto do activismo social, dei o paso ao ámbito político antes do nacemento de Anova, onde fun Portavoz en Pontevedra dende os inicios, e responsable Nacional de Institucional-Municipal dende 2014.

Formo parte da Plataforma SOSSanidadePública. Creo nos sectores productivos do país e nos servizos públicos ben xestionados.