Novas

“A inacción do Goberno co Pacto de Estado é tamén machismo”

photo_2017-04-26_11-05-47

 

En Marea pide explicacións no Congreso á ministra Dolors Montserrat  polos reiterados incumprimentos do Pacto de Estado en materia de violencia machista.

“A inacción do Goberno co Pacto de Estado é tamén machismo”, denuncia a deputada e voceira de En Marea na Comisión de Igualdade, Ángela Rodríguez.

Madrid, 5 de xaneiro de 2018. A deputada de En Marea, Ángela Rodríguez, xunto con outros deputados e deputadas do grupo confederal, solicitaron a convocatoria dunha sesión extraodinaria da Comisión de Igualdade para que comparezca a ministra de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, Dolors Montserrat,, co motivo dos reiterados incumprimentos do Pacto de Estado en Materia de Violencia de Xénero.

“A inacción do Goberno co Pacto de Estado tamén é machismo”, denunciou a deputada.

A parlamentaria de En Marea considera que “é preocupante que sigamos sen ter orzamentos para poñer en marcha o pacto de Estado, pero aínda é máis preocupante que nas cuestións que non supoñen cartos, senón pequenos cambios segundo o acordado no Pacto, tampouco se poña en marcha cando xa se superaron os prazos”.

Rodríguez considera que o Goberno semella “non querer acabar co machismo” porque a súa falta de vontade parece máis “unha cuestión ideolóxica que económica”.