Novas

En Marea solicita 39 comparecencias para a Comisión de Investigación do Alvia

photo5960515288397097842

Ademais, este grupo solicitou unha serie de documentación para dar cumprimento aos obxectivos para os que foi creada a Comisión de Investigación.

https://es.scribd.com/document/379554017/SOLICITUDE-DOCUMENTACIO-N-COMISIO-N-ALVIA

https://es.scribd.com/document/379554032/SOLICITUDE-COMPARECENCIAS-COMISIO-N-ALVIA

Madrid, 18 de maio 2018.  A deputada e portavoz de En Marea na Comisión de Investigación, Alexandra Fernández, o Secretario Primeiro da Comisión, Antón Gómez-Reino e o portavoz de En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello, presentaron no rexistro do Congreso este venres a solicitude de 39 comparecentes para que acudan a comparecer á Comisión de Investigación do Alvia, así como a solicitude dunha serie de documentación para levar a cabo os traballos de análise en torno ás causas do accidente do tren Alvia en Angrois.

39 comparecencias

Nas solicitudes de comparecentes figuran ex altos cargos, responsábeis políticos ou ex Ministros e Ministras,  persoas de perfil técnico do ámbito de Renfe e Adif, persoas expertas, do ámbito das empresas, vítimas do sinistro, ou o Presidente da Xunta. Entre os nomes propostos para que comparezan figuran: José Blanco, Ana Pastor, Rafael Catalá, Manuel Niño, Gonzalo Ferré, Íñigo de la Serna, Andrés Cortabitarte, Antonio Lanchares, Julio Gómez-Pomar, José Enrique Villarino, entre outros nomes que achegamos no escrito presentado no rexistro.

Documentación como a demandada pola ERA

En canto á documentación requerida por En Marea, demándase: a Resolución pola que se autoriza a posta en servizo do corredor Norte-Noroeste de Alta Velocidade; os contratos asinados por Adif, Renfe e UTE en relación á liña ferroviaria obxecto de investigación; documentos que a Axencia de Seguridade Ferroviaria botou en falla no seu documento de asesoramento á Comisión Europea como a Análise de risco; os documentos relativos ás modificacións que se fixeran a posteriori, entre outros.

Dar cumprimento aos obxectivos

A voceira na Comisión consideran que “tanto a listaxe de comparecentes solicitados como a documentación requerida, cremos que son necesarios para poder cumprir cos obxectivos para os que foi creada esta Comisión a solicitude de En Marea, para poder verter luz sobre moitos interrogantes que existen en relación ao sinistro de Angrois, esclarecer as responsabilidades políticas, todo o que atinxe á seguranza e moitas outras cuestións que levan anos sendo obxecto de denuncias e reclamacións por parte das vítimas do Alvia”.

Fernández  e Gómez-Reino agardan que “poidamos escoitar e interpelar a todos os comparecentes solicitados e analizar toda a documentación co propósito de dar cumprimento aos cometidos da Comisión de Investigación parlamentar”.