Novas

“Hai vocación de dar saída ás demandas dos traballadores/as da xustiza en Galiza”

photo5974505590313037022

A Coruña, 23 de abril de 2018. A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, mantivo este lunes varias xuntanzas para falar da folga do persoal funcionario de Xustiza en Galicia: co Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Angel Cadenas; co Fiscal Xeral de Galicia, Fernando Suanzes, e co Consello da Abogacía.

Finalmente, trasladou as conversas ao Comité de folga do persoal funcionario de Xustiza de Galicia.

“Foi unha mañá intensa de xuntanzas cos operadores xurídicos. Foi moi positiva, xa que a afectación da folga é transversal: dende as traballadoras/es, as operadoras/es, ao servizo público de xustiza e á cidadadanía. Hai vocación de dar saída ás demandas”, sinalou a deputada.

As conversas co presidente do TS de Galicia e co Fiscal superior, ao igual que o consello da avogacía galega, mostrou a súa receptividade á proposta de facer unha mesa de operadores xurídicos para desbloquear a situación, segundo avanzou Díaz.

“Foi unha xuntanza positiva para desbloquear a situación. Hai unha relevante discriminación da función pública galega. O noso país non se merece iso, merécese dirixentes que atendan ás desigualdades”, insistiu  a parlamentar de En Marea.

“Estamos a falar de funcionarias/os público de rango estatal, non pode haber diferencias”, engadiu.