Novas

“Co veto á PL da AP-9 de En Marea o PP fulmina o funcionamento democrático do Congreso”

photo5850484471156026488
O GOberno de Mariano Rajoy enviou a En Marea o veto á Proposición de Lei rexistrada para pedir a transferencia da AP-9.
“Unha minoría parlamentar non pode censurar as iniciativas a debatir. O PP convirte o Congreso nun reino absolutista que dicta o que se pode ou non se pode debater”, denunciou a deputada de En Marea, Alexandra Fernández.
Vigo, 12 de marzo de 2018. A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, denunciou este luns en Vigo o novo veto do Goberno á Proposición de Lei presentada por En Marea no Congreso dos deputados.
“O Executivo vetou en dúas ocasións a PL da transferencia da AP-9 a Galicia, nunha primeira ocasión a PL do Parlamento galego e agora veta a de En Marea”, denunciou Fernández.
“Non podemos permitir que o PP se cargue o funcionamento democrático no Congreso. Máis aló da transferencia, unha minoría parlamentaria non pode convertir o Congreso nun reino absolutista, que é o que está facendo Rajoy cada vez que ven que poden perder unha votación. Están creando un filtro sobre a democracia”.
A parlamentar considera que o “PP teme perder a votación no Congreso e que se visibilice que os deputados do PP na Cámara Baixa votan a favor de Audasa”.
En Marea considera que, con este veto, a gran gañadora “é AUDASA”.
“O PP blanquea os intereses de Audasa nas institucións. É a grande beneficiada. Milleiros de galegos e de galegas deixamos millóns de euros na Ap-9 que van a paraísos fiscais”. Non permitamos que o PP se cargue os principios democráticos. O PP emprega argumentos falsos para xustificar o veto á PL de EN marea
A deputada voltou a insistir en que esta iniciativa de En Marea “é moi necesaria para garantir o dereito á mobilidade. Hai moita xente que se ten que desprazar a diario por esta autoestrada, supón un gasto enorme, é unha arteria principal no noso país”.
PLAN ESTATAL DE VIVENDA
A deputada tamén fixo unha valoración do Plan estatal de vivenda anunciado polo Goberno.
“Para o Goberno Rajoy a vivenda segue sin ser unha prioridade e recurta un 43% en relación ao Plan anterior. É un 0,03% do PIB cando as familias saben que o gasto fundamental é en vivenda”, asegurou Fernández.
“O Executivo da unhas cifras falsas, porque di que suporía un incremento do 62% respecto ao plan anterior, algo que é falso: supon un recorte do 43%. O Ministro retorce as cifras collendo o executado do plan anterior”, sinalou, lembrando que este
recorte colócannos na cola de Europa en políticas de vivenda.
“O plan vai traer graves consecuencias: estase vendendo como axudas ao aluguer, cando en realidad suporá un aumento dos prezos do aluguer”.
A parlamentar insistiu en que o problema está “no grande parque de vivendas baleiras que non se poñen no mercado e que se usan con fins especulativos”.
Puxo como exemplo Vigo, que ten 18.000 vivendas baleiras, e precisamos que entren no parque de vivendas para alugueiro e evitar as especulacións e subas de prezos

 Ademais, denunciou a falta de medidas para os desafiuzamentos, “esa lacra que segue presente”.
“O único que se propón é que as entidades de crédito voluntariamente poñan as vivendas baleiras en alugueiro social, pero a SAREB non vai facer isto, debería ser obrigatorio”, concluiu.
En definitiva, este plan de vivenda “vai agravar as desigualdades. Fai falta orzamento para blindar o dereito á vivenda”.