Novas

En Marea demanda ao ministro de Cultura “implicación activa” na recuperación do Pazo de Meirás e que se inicie a vía civil canto antes

los-franco-se-atrincheran-en-el-pazo-de-meiras

Fernán Vello presentou no Congreso unha serie de preguntas dirixidas a José Guirao e unha proposición non de lei na que insta ao Goberno a iniciar as acións administrativas e xudiciais civís.

https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/58dc6905-f599-48f3-8d00-019584361ae2/PNL_PLENO_VI_A_XUDICIAL_PAZO_MEIRA_S.pdf

https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/8756de59-77ca-484e-bc37-f8dc543d8d49/PREGUNTA_ENCONTRO_MINISTRO_CULTURA.pdf

Madrid, 4 de xullo 2018.  O deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou na Cámara Baixa unha batería de preguntas dirixidas ao Ministro de Cultura e unha proposición non de lei para instar ao Goberno a iniciar as acións administrativas e xudiciais civís reivindicatorias para a incorporación do Pazo de Meirás ao patrimonio público.

Neste sentido, Fernán Vello empraza ao Goberno a que ordene á abogacía do estado a interpor canto antes a correspondente ación civil no Xulgado de Primeira Instancia de Betanzos-A Coruña.

“Vai o Goberno realizar os trámites canto antes?”

O parlamentar de En Marea alude ao encontro que o titular de Cultura mantivo o pasado 2 de xullo co Conselleiro no que trataron este tema, sinalando o Ministro que “sería un proceso longo e lento”. “A que conclusións chegou o Ministro respeito á recuperación desta propiedade que foi obxecto dun latrocinio, dun roubo ao pobo galego por parte do dictador Franco? Cal é a posición do Ministerio sobre esta cuestión? Vaise implicar activamente adoptando unha postura distinta á practicada até agora polo anterior Goberno do PP? Por que razón afirmou que a volta ao dominio público do Pazo de Meirás será “un proceso longo e lento”? Vai o Goberno darlle prioridade a esta demanda? Vai realizar os trámites canto antes?”, son algunhas das preguntas que lle formula.

Miguel Anxo Fernán Vello  traslada ao novo Ministro de Cultura os acordos acadados o pasado 13 de decembro no Congreso a instancias de En Marea para que o Executivo se implique na recuperación deste inmóbel. Explícalle o proceso mediante o cal o Pazo foi expoliado na dictadura. Menciona os Informes feitos pola Xunta Pro Devolución do Pazo, constituida pola Deputación, o concello de Sada e da Coruña, así como entidades e asociacións, e menciona o último Informe o da Comisión de Expertos impulsada pola Xunta que demanda a ación reivindicatoria através dunha demanda civil. Mais, Fernán Vello, deixa clara a posición de En Marea de opoñerse rotundamente a calquer tipo de indemnización á familia do dictador como consta no último informe aludido, o da Comisión de Expertos. “Sería unha desmesura que a familia Franco recibise cartos públicos por unha propiedade que foi roubada”.

Sinala o deputado de En Marea que “con independencia dos matices das distintas opcións expresadas nos dous Informes, hai unha petición común: a de incorporar o Pazo ao patrimonio público mediante a ación civil e a lexitimación atribuida ao estado para exercer tal ación”.