Novas

En Marea demanda no Congreso a soberanía tecnolóxica

photo5929531076496173420

 

 

Madrid, 20 de xuño de 2017. A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, interviu esta tarde no Pleno do Congreso dos Deptuados para defender a posición do Grupo Confederal ante a inicitiva do PP relativa ao impulso da actual Estratexia de Ciberseguridade Nacional.
Díaz denunciou que resulta chocante que o partido do Goberno achegue este tipo de iniciativas a pleno “despois de rexeitar todas as emendas presentadas por En Marea relativas a concretar o desenvolvemento de medidas neste eido, centradas na necesidade da sobernía tecnolóxica como factor clave para a ciberseguridade”.
A deputada de En Marea destacou que o primordial é “ter soberanía tecnolóxica, ao igual que sucede en países como Francia ou Alemania, promovendo, como un sector clave da economía, a investigación científica e técnica en áreas como a criptografía e en xeral as relacionadas coa Ciberseguridade”.
Asemesmo, Yolanda Díaz instou ao Goberno a presentar as reformas legais necesarias para establecer a obligación de almacenar en territorio español, os datos e aplicación informáticas que os procesan en Defensa, Sanidade, Infraestructuras críticas e aqueles servizos e procesos da administración pública consideradas esenciais.