Novas

En Marea denuncia o veto do PP e PSOE á comparecencia de Feijóo na comisión das caixas do Congreso

photo5972012254423526044

Intervención:  https://www.youtube.com/watch?v=rINWjCBgOko

 

Madrid, 10 de outubro de 2017. A deputada e voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, denunciou este martes no Congreso o pacto do PP e PSOE para impedir que Feijóo compareza na comisión de Investigación de Crise Financieira para falar das Caixas galegas.

“Quedamonos decepcionadas tras o pacto do PP e PSOE, que con absoluta connivencia impiden que Feijóo comparezca na comisión para explicarnos que pasou coas caixas galegas e a perda absoluta do sistema financeiro no noso país”, denunciou Díaz.

A deputada insistiu en que “se hai un presidente que é actor directo da quebra das caixas é Feijóo, que foi o artífice da fusión das caixas cando xa sabiamos que estaban quebradas”.

“É o artífice da privatización das caixas, de que hoxe teñamos Novagalicia Banco en mans da banca privada”, denunciou.

EMPRAZAMENTO AO PSdG

“Pedimos ao recén elexido secretario xeral do PSdG, Gonzalo Caballero, que inste ao seu partido a levantar este pacto e permita que comparezca Feijóo”, asegurou a voceira.

Díaz mostrouse “sorprendida porque o novo PSOE impida a comparecencia de Feijóo, que teñen que ocultar?”, preguntouse.

“Instamos a Caballero para que emprenda unha nova etapa e non consolide estes pactos”, engadiu.

Ademais, denunciou que os grandes responsables da quebra do sistema financeiro e do rescate que hoxe está pagando a nosa xente, “están vetados grazas ao PP e o PSOE”.

Na Comisión, votaron en contra da comaprecencia da presidenta do Banco Santander, Ana Patricia Botín,do presidente do BBVA, Francisco González ou do expresidente de La Caixa, Isidre Fainé.

Tampouco prosperaron as peticións de comparecencias do presidente da construtora ACS, Florentino Pérez, nin o que fora presidente de OHL, Juan Miguel Villar Mir.

Na Comisión, tamén vetaron a comparecencia dos expresidentes do Goberno José María Aznar e José Luis Rodríguez Zapater.

“Nun país normal estas persoas estarían depurando responsabilidades”, concluiu a deputada.