Novas

En Marea dirixe unha batería de preguntas a Fomento “pola desidia do Ministerio en resolver os constantes peches da A-8”

DSC_0217

O deputado de En Marea lamenta que os habitantes de A Mariña teñan que soportar esta situación, como mínimo, outros tres anos máis cando a comarca precisa dunha vía de alta capacidade.

Iniciativa: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/fdc9f643-de37-40b6-a289-e36648a5f898/PREGUNTA_PECHES_A_8_1_.pdf

Madrid, 16 de xuño de 2017. O deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou unha batería de preguntas dirixidas ao Ministerio de Fomento pola lamentábel situación da A-8, de peches continuos, e sen que Fomento adopte solucións nun horizonte de tres ano.
O deputado de En Marea critica a desidia coa que Fomento está a afrontar o problema dos peches constantes da A-8 entre Lourenzá e Abadín, o máis recente esta mesma semana. Lembra neste sentido que nos Orzamentos do estado faise unha programación orzamentaria que no mellor dos casos traerá unha solución técnica para o 2020. “Poñámonos en situación, os habitantes de A Mariña van ter que soportar esta situación durante uns cantos anos máis a pesar de tratarse dunha autovía nova”.
Unha autovía nova inoperativa
Miguel Anxo  Fernán Vello pón de manifesto que “segundo os últimos dados, entre setembro de 2014 e decembro de 2017, este tramo da A-8 en O Fiouco permaneceu cortado 1.772 horas”. E o único que fixo Fomento en decembro de 2016, “foi poñer en marcha un sistema automatizado que permite pechar e abrir o tramo desde o Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste en A Coruña. Desde entón xa se fixeron 34 corte por néboa”.
O deputado de En Marea reprocha a mala proxeción que se fixo con esta autovía, e pide celeridade ao Ministerio porque no periodo veraniego é cando mais circulación de tráfico hai e cando mais se precisa de infraestruturas operativas e en boas condicións. “Temos que ter en conta que cada vez que pecha a A-8, desvíase o tráfico pola N-634, unha estrada vetusta e deteriorada que non reúne as condicións para absorber o tráfico de vehículos”.
Resalta Miguel Anxo Fernán Vello que “contabilizamos os peches producidos únicamente no mes de maio para facernos a idea da envergadura do problema. Estivo pechada o 3 de maio, o 4, o 9, o 23 e o 24, o 26 e os días 30 e 31, o cal da unha lixeira idea da súa inoperatividade”.